Salvador Velayos Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSalvador Velayos Hermida

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 1997 Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 1651630

Salvador Velayos Hermida, nado en Lugo en 1908 e finado en Madrid o 3 de xuño de 1997,[1] foi un físico e investigador galego que foi unha das maiores referencias no campo do magnetismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Fillo do director do Instituto de Lugo, Salvador Velayos González.[2] Estudou o bacharelato no Colexio dos Maristas e no Instituto de Lugo. En 1924 foi estudar Ciencias Físicas na Universidade de Madrid[3] aloxándose na Residencia de Estudiantes,[4] onde logo exerceu como titor e profesor de apoio das disciplinas científico experimentais. Licenciouse en 1928[3] e, dende 1930, foi profesor auxiliar da Facultade de Ciencias de Madrid e foi discípulo de Moles, Duperier e, especialmente, Blas Cabrera, con quen estivo de bolseiro no Instituto Nacional de Física e Química e que dirixiu a tese, Paramagnetismo de algunos compuestos de elementos de tierras raras, que foi defendida en 1934.[3] Especializouse en ferromagnetismo, disciplina que foi obxecto das súas investigacións.[4]

Xa como doutor, fixo varias viaxes a centros científicos de Alemaña pola súa conta e obtivo unha bolsa da Fundación Conde de Cartagena, xestionada pola JAE, para ampliar estudos na Universidade de Múnic con Walther Gerlach en 1934.[2][4][5]

Ao volver, en febreiro de 1936, gañou a cátedra de Física Teórica e Experimental da Facultade de Ciencias da Universidade de Valencia[4] e seguiu traballando no Instituto Nacional de Física e Química. Antes da guerra xa publicara traballos de investigación en revistas científicas españolas e alemás.

Guerra civil[editar | editar a fonte]

Republicano de esquerdas, durante a guerra traballou no Instituto Nacional de Física e Química para o exército republicano na fabricación de fonolocalizadores para a defensa antiaérea (sistema para a detección de bombardeos en distancia e dirección). Por este labor foi inculpado do “atraso” da vitoria dos sublevados.

Posguerra[editar | editar a fonte]

Ao remate da guerra foi xulgado por rebelión en consello de guerra,[3] sendo absolto, e tamén como funcionario do Instituto Nacional de Física y Química, do que tamén librou de sanción. Pero foi sancionado polo Tribunal Especial da Universidade de Valencia:[4][6] pese á declaración favorable do seu colega Julio Palacios (Vicerreitor de Madrid), quen o descargaba das acusacións que era obxecto, o xuíz especial da súa causa solicitou a suspensión de emprego e soldo por dous anos e a inhabilitación, sanción que se viu temperada polo traslado forzoso á Universidade de Valladolid e á inhabilitación para cargos directivos e de confianza.[3][7] Logo de pasar quince anos en Valladolid explicando Física Xeral, onde fixo escola e creou un grupo de traballo sobre temas como magnetoquímica dalgunhas sales del níquel e magnetismo,[3] retornou a Madrid en 1956, mediante oposición a unha cátedra de Electromagnetismo.[4][8]

A interrupción da súa carreira por mor da guerra, a represión posterior e o exilio dos seus mestres impedirían a súa consolidación científica. Pese a isto, continuou co seu labor investigador no CSIC elaborando traballos que o situaron na vangarda da investigación. Así durante os anos 1946-1947, pasounos na Universidade Harvard, traballando ao carón de John van Vleck.[3]

En decembro de 1955, e aproveitando unha tímida apertura do réxime franquista a través das medidas do ministro de Educación Ruiz Jiménez, gañou mediante oposición a cátedra de Física Teórica e Experimental da Facultade de Ciencias da Universidade de Madrid[3] e puido retoma-la relación co CSIC coa creación dunha sección de magnetismo nun dos seus institutos. Permaneceu na cátedra até que se xubilou en 1978.[2]

Obras[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

Artigos (escolma)[editar | editar a fonte]

  • 1931, Estudio magnético del MnSO4 y de algunas tierras raras, en Anales de la Sociedad Española de Física y Química, 31, pp. 597-606;
  • 1935, Propiedades magnéticas de algunos compuestos de elementos raros, en Anales de la Sociedad Española de Física y Química, 33, pp. 5-33;
  • 1936, Widerstand, spontane Magnetisierung und Curiepunkt von Nickel, en Sitzungsberichte der Bayerischen Akademie der Wissenschaften. Mathematisch- naturwissenschaftliche Abteilung, pp. 81-136 (escrito con W. Gerlach r H. Bittel);
  • 1936, Variación, con la temperatura, de la resistencia eléctrica del níquel, en Revista de la Academia de Ciencias, 23, pp. 615-62 (escrito con H. Bittel);
  • 1940, Der Einfluss elastischer Druckbelastung auf Suszeptibilitäts-maximum con Nickel. Die Eigenspannungen, en Zeitschrift für Physik, 116, pp. 340-348;
  • decembro de 1940, Medida de las tensiones propias en los metales. Métodos magnéticos, en Metalurgia y Electricidad, pp.. 20-25;

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Leva o seu nome o Instituto de Magnetismo Aplicado que rexentan RENFE e a Universidade Complutense de Madrid[9] e tamén no concello de Madrid, unha glorieta preto da Universidade Complutense leva o seu nome.[10][11]

O Club Español de Magnetismo (CEMAG), estableceu en 2008 o Premio de Magnetismo "Salvador Velayos", de carácter bianual, para as achegas nese campo.[12]

En 1997, recibiu a título póstumo, a Gran Cruz de Afonso X o Sabio[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Director, Cartas al (1997-06-08). "Magnífico profesor y científico apasionado". elpais.com (en castelán) (8 de xuño de 1997). ISSN 1134-6582. Consultado o 10 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Salvador Velayos, el nombre del magnetismo". bitacoradecora.galiciae.com (en castelán). 2 de xuño de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Sánchez Ron, José M. (2018). "Salvador Velayos Hermida". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gurriarán (2006), p. 377
  5. En 1935, segundo Sánchez Ron.
  6. Rojo, Juan Manuel; Hernanco, Antonio (4 de junio de 1997). "En memoria de Salvador Velayos". elpais.com. Consultado o 10 de febreiro de 2024. 
  7. "Salvador Velayos Hermida". vitimas.nomesevoces.net. Consultado o 10 de febreiro de 2024. 
  8. García Pérez, Alfonso (6 de outubro de 1978). "El rigor experimental o la memoria de un profesor". elpais.com (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2024. 
  9. "Instituto de Magnetismo aplicado. Laboratorio “Salvador Velayos”". ucm.es (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2024. 
  10. "Acuerdo de 7 de noviembre de 2018 de la Junta de Gobierno de la Ciudad de Madrid por el que se asigna la denominación de "Salvador Velayos Hermida" a la glorieta situada en la avenida Complutense". madrid.es (en castelán). 12 de novembro de 2018. Consultado o 10 de febreiro de 2024. 
  11. Redacción (7 de novembro de 2018). "Nueve alcaldes republicanos son recordados en el callejero dando nombre a viales de Hortaleza". europapress.es (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2024. 
  12. "Premio de Magnetismo "Salvador Velayos"". cemag.es (en castelán). 2023. Consultado o 10 de febreiro de 2024. 
  13. "Real Decreto 1032/1997, de 20 de junio, por el que se concede, a título póstumo, la Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio a don Salvador Velayos Hermida". boe.es (en castelán). 24 de xuñode 1997. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]