Salvador García-Bodaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Salvador García Bodaño»)
Infotaula de personaSalvador García-Bodaño

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1935 Editar o valor em Wikidata
Teis, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 2023 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Veitureira, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Oviedo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, narrativa e ensaio
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeXulia Rodríguez Blanco
PaiSalvador García-Bodaño Fernández Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 345 AELG: 228 Dialnet: 69333

Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 e finado en Veitureira[1] (Lampai, Teo) o 7 de marzo de 2023,[2] foi un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultivou exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. Foi procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Salvador García-Bodaño Fernández, cando nin contaba un mes de idade os seus pais trasladáronse para Santiago de Compostela, cidade na que se formou intelectualmente, coa influencia de Carlos Maside e Ramón Piñeiro. Colaborou con La Noche e pertenceu ao Partido Socialista Galego do que foi Secretario de Información e Propaganda.[3]

Estudou Dereito nas Universidades de Santiago e Oviedo.[4] Formou parte de numerosas empresas culturais: foi fundador en 1961 da Agrupación Cultural O Galo; formou parte do Consello da Mocedade. Participou nos Xogos Florais da Coruña de 1962, na celebración do primeiro Día das Letras Galegas (1963) e na homenaxe a Antonio Machado de 1964. En 1974 foi sancionado polo Tribunal de Orde Pública por un recital no Círculo Recreativo e Cultural de Perlío, Fene, no que se incluían uns poemas á Revolución dos Caraveis e a Pablo Neruda.[5] Colaborou na realización do proxecto da revista Teima (1976); na editorial Escola Aberta; no Museo do Pobo Galego (1976), sección etnográfica de oficios e da arte popular; na directiva da primeira Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980); no Ateneo de Santiago de Compostela xa desaparecido e do que foi presidente; na Fundación Padroado do Pedrón de Ouro; no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, no novo Seminario de Estudos Galegos (1983); fundador da actual Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG); do Instituto Galego da Información (IGI); da Asociación de Tradutores en Lingua Galega (ATLG); da Fundación Castelao; do PEN Clube de Galicia e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. A proposta de Antón Fraguas, Constantino García e Andrés Torres Queiruga, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 25 de novembro de 1992, pronunciando o discurso Compostela e as nosas letras ata o Manifesto Máis Alá,[6] respondido por Carlos Casares. Foi vicesecretario desa institución durante dous períodos consecutivos, de 2001 a 2009.[5]

Mantivo unha columna dominical en El Correo Gallego, titulada “No pasar dos días”.[7]

Foi presidente do Ateneo de Santiago entre 2008 e 2021 cando pasou a ser presidente de honra.[8]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Aurichu Pereira, con quen tivo catro fillos, e de quen se separou en 1979.[9]

En 1982 casou con Xulia Rodríguez Blanco, que sería a musa dos seus célebres Poemas de amor a Xulia e con que celebrou en 2022 os 40 anos de casados.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Ao pé de cada hora, 2ª ed, 1980.

Narrativa[editar | editar a fonte]

García-Bodaño en 2007.

Ademais os relatos curtos A Pedra (1991), Conto de Reis (1991) e Ruth (1993).

Ensaio[editar | editar a fonte]

Tradución[editar | editar a fonte]

  • Eu son unha árbore, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 978-84-372-1368-2.
  • Eu son unha fera, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 978-84-372-1367-5.
  • Eu son unha rocha, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 9788437213668.
  • Eu son o aire, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1369-X.
  • Eu son o sol, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1371-1
  • Eu son unha pinga, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1370-3.
  • Eu son o lume, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1375-4.
  • Haruchan, de Anna Gasol e M. Gasol (1988). Barcelona: Onda. ISBN 84-7552-179-7.
  • Qomolangma: asalto al Everest, de Antoni Ricart de Mesones (1988). Barcelona: Onda. ISBN 84-7552-180-0.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Homenaxe a Fermín Penzol (1972, Galaxia).
  • Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (1972, Galaxia).
  • Ocho siglos de poesía gallega (1972, Alianza).
  • Chile en el corazón. Homenaxe a Pablo Neruda (1975, Península).
  • Homenaxe a Otero Pedrayo (1976, Galaxia).
  • Poesía gallega de postguerra (1976, Ediciós do Castro).
  • Homenaxe a Luís Seoane (1977, Cuco-Rei).
  • Galicia: realidade económica e conflicto social (1979, Banco del Noroeste).
  • Maside, un pintor para unha terra (1979, COAG Santiago).
  • Antoloxía de poesía galega. Dos posmodernistas aos novos (1980, Galaxia).
  • Coroa poética para Rosalía de Castro (1985, Xerais).
  • Homenaxe a Laxeiro de escritores e artistas de Galicia (1991).
  • Homenaxe a Ramón Piñeiro (1991, Caixa Galicia).
  • Os contos da campaña (1992, Xunta de Galicia).
  • Rolda de amigos derredor de Francisco Fernández del Riego (1993).
  • Ultreia. Poetas e pintores galegos fronte á droga (1993).
  • 50 anos de poesía galega (1994, Penta).
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
  • Coroa poética para un mártir (1996, Xerais).
  • O entrelazo das palabras (1999).
  • Río de son e vento, de César Morán (1999, Xerais).
  • Manuel Luís Acuña (2000, Xerais).
  • Homenaxe a Xavier Pousa (2001, Fundación Xoán Piñeiro).
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
  • Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia).
  • Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (2002, Fundación Premios da Crítica-Galicia).
  • O libro dos abanos (2002, Follas Novas).
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
  • Antón Avilés de Taramancos: 1935-1992, unha fotobiografía (2003, Xerais).
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, CCG).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Edicións Xerais de Galicia).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado (2004, Hipocampo).
  • Son de poesia (2005, Edições Fluviais, Lisboa).
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
  • Poemas pola memoria (1936-2006) (2006, Xunta de Galicia).
  • Poetas con Rosalía (2006, Fundación Rosalía de Castro).
  • Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006, Xerais).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
  • A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
  • Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia).
  • Tamén navegar (2011, Editorial Toxosoutos).
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).[17]
No Teatro Principal de Pontevedra o Día das Letras de 2018.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. González Martínez, Xosé (2023-03-07). "A manda testamentaria de García-Bodaño". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-03-07. 
  2. "A RAG expresa o seu fondo pensar polo pasamento do académico Salvador García-Bodaño". Real Academia Galega. 7 de marzo de 2023. 
  3. Méndez Ferrín 1984.
  4. "tradutor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-07. 
  5. 5,0 5,1 "Salvador García-Bodaño Zunzunegui". Real Academia Galega. 
  6. García-Bodaño, S. (2005). Compostela e as nosas letras ata o Manifesto Máis Alá. Real Academia Galega. 
  7. "No pasar dos días, de Salvador García-Bodaño". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 26/02/2022. Consultado o 26/2/2022. 
  8. "Homenaje del Ateneo de Santiago a Salvador García-Bodaño". La Voz de Galicia (en castelán). 21/12/2021. 
  9. "Muere Aurichu Pereira, referente de la pintura gallega que inició sus pasos bajo el pincel de Carlos Maside". La Vanguardia (en castelán). 2 de novembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2023. Consultado o 24 de novembro de 2023. 
  10. Vista previa da 2ª ed (1980) en Google Books.
  11. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  12. "Tempo di Compostela". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-04. 
  13. Con debuxos de Felipe Criado.
  14. 2ª edición en Biblioteca 114, 1991, El Correo Gallego.
  15. Compilación da súa obra publicada, que inclúe dous poemarios inéditos (Poemas de amor a Xulia e As palabras e os días).
  16. "O Sinatra" (PDF). galeguizargalicia.gal. 
  17. 150 Cantares para Rosalía de Castro
  18. "Salvador García-Bodaño, Premio Cultura Galega das Letras 2012" 19/11/2012, RAG.
  19. "A Corporación outorga a medalla de Ouro e o título de Fillo Adoptivo a…". El Correo Gallego. 26/12/2014. Arquivado dende o orixinal o 26/12/2014. Consultado o 26/12/2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Luz Pozo Garza
 
  Vicesecretario da Real Academia Galega  
 
2001-2009
Sucesor:
Francisco Fernández Rei