Salvador García-Bodaño
Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 é un escritor galego e membro da Real Academia Galega.
Índice |
Traxectoria [editar]
Fillo de Salvador García-Bodaño Fernández, cando nin contaba un mes, os seus pais trasladáronse para Santiago de Compostela, cidade na que se formou intelectualmente, coa influencia de Carlos Maside e Ramón Piñeiro. Está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais.
Formou parte de numerosas empresas culturais: foi fundador en 1961 da Agrupación Cultural O Galo, colaborou na realización do proxecto da revista Teima (1976); en Escola Aberta; no Museo do Pobo Galego (1976), sección etnográfica de oficios e da arte popular; na directiva da primeira Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980); no Ateneo de Santiago de Compostela xa desaparecido e do que foi presidente; na Fundación Padroado do Pedrón de Ouro; no Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, no novo Seminario de Estudios Galegos (1983); fundador da actual Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG); do Instituto Galego da Información (IGI); da Asociación de Traductores en Lingua Galega (ATLG); da Fundación Castelao; do PEN Clube de Galicia; da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, e a partir do 25 de novembro de 1992 membro numerario da Real Academia Galega, da que, actualmente, é membro da Directiva.
Mantén unha columna dominical en El Correo Gallego, titulada “No pasar dos días”.
Obra [editar]
Poesía [editar]
- Ao pé de cada hora (1967, Galaxia).
- Tempo de Compostela (1978, Edicións do Cerne).
- 37 debuxos para un país (1985, Edicións do Castro). Con debuxos de Felipe Criado.
- Compostela (1989, Barcelona. 2ª edición en 1991, El Correo Gallego).
- Obra poética (1993, Espiral Maior), compilación da súa obra publicada, que inclúe dous poemarios inéditos (Poemas de amor a Xulia e As palabras e os días).
- Pegadas no alcatrán (1994, Café Central, Barcelona).
- Cidade virtual (2003, Biblos Clube de Lectores).
- Cantos de ausencia. (Elexías 1959-2002) (2004, A Nosa Terra).
Narrativa [editar]
- O caleidoscopio (1992, Ir Indo/Castromil).
- Os misterios de Monsieur D´Aillier (1992, Galaxia).
- O Sinatra (2007, Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística).
Ensaio [editar]
- De onte a hoxe. Ensaios xornalísticos dende Compostela (1993, Editorial Compostela).
- Rafael Dieste: vida e obra en lingua galega (1995, Real Academia Galega).
Tradución [editar]
- Eu son unha árbore, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979, Altea, Madrid).
- Eu son unha fera, de de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979, Altea).
- Eu son unha rocha, de de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979, Altea).
- Haruchan de Anna Gasol e M. Gasol (1988, Onda, Barcelona).
- Viaxe por Galicia 1837 de Georges Borrow (1993, Xerais).
Obras colectivas [editar]
- Homenaxe a Fermín Penzol (1972, Galaxia).
- Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (1972, Galaxia).
- Ocho siglos de poesía gallega (1972, Alianza).
- Chile en el corazón. Homenaxe a Pablo Neruda (1975, Península).
- Homenaxe a Otero Pedrayo (1976, Galaxia).
- Poesía gallega de postguerra (1976, Edicións do Castro).
- Homenaxe a Luís Seoane (1977, Cuco-Rei).
- Galicia: realidade económica e conflicto social (1979, Banco del Noroeste).
- Maside, un pintor para unha terra (1979, COAG Santiago).
- Antoloxía de poesía galega. Dos posmodernistas aos novos (1980, Galaxia).
- Coroa poética para Rosalía de Castro (1985, Xerais).
- Homenaxe a Laxeiro de escritores e artistas de Galicia (1991).
- Homenaxe a Ramón Piñeiro (1991, Caixa Galicia).
- Os contos da campaña (1992, Xunta de Galicia).
- Rolda de amigos derredor de Francisco Fernández del Riego (1993).
- Ultreia. Poetas e pintores galegos fronte á droga (1993).
- 50 anos de poesía galega (1994, Penta).
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Edicións do Castro).
- Coroa poética para un mártir (1996, Xerais).
- O entrelazo das palabras (1999).
- Río de son e vento, de César Morán (1999, Xerais).
- Manuel Luís Acuña (2000, Xerais).
- Homenaxe a Xavier Pousa (2001, Fundación Xoán Piñeiro).
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
- Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia).
- Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (2002, Fundación Premios da Crítica-Galicia).
- O libro dos abanos (2002, Follas Novas).
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
- Antón Avilés de Taramancos: 1935-1992, unha fotobiografía (2003, Xerais).
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
- Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
- 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado (2004, Hipocampo).
- Son de poesia (2005, Edições Fluviais, Lisboa).
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
- Poemas pola memoria (1936-2006) (2006, Xunta de Galicia).
- Poetas con Rosalía (2006, Fundación Rosalía de Castro).
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006, Xerais).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
- A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
- Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia).
- Tamén navegar (2011, Toxosoutos).
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
Premios [editar]
- Gañador do Premio de Poesía Galega e Poesía Castelá nas Festas Minervais en 1959.
- Premio da Crítica española no 1978, por Tempo de Compostela.
- Premio da Xunta de Galicia á Creación Cultural en 1988.
- Premio da Crítica española no 1992, por Os misterios de Monsieur D´Aillier.
- Premio O Escritor na súa Terra da AELG no 2004.
- Premio Cultura Galega das Letras no 2012[1]
- Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela no 2012.
- Premio Voz da Liberdade do PEN Clube de Galicia no 2013.