Salustiano Olózaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Salustiano Olózaga (Oyón (Áraba), 8 de xuño de 1805 - París, 26 de setembro de 1873). Militar, escritor, avogado e político español.

Salustiano Olózaga

Estudou Filosofía en Zaragoza e Madrid e Leis nesta última cidade. Membro da Milicia Nacional, e liberal convencido, participou como oficial custodiado no establecemento das Cortes de Cádiz. Exiliouse a San Xoan da Luz, (Francia), en 1831, fuxindo da política represiva de Fernando VII tras as revoltas de 1831. Con Mendizábal foi Gobernador Civil de MAdrid e máis tarde Deputado desta cidade e despois de Logroño dende 1836 até 1873. Participou na elaboración da Constitución española de 1837 tras o Motín de la Granja de San Ildefonso, convencido da necesidade de superar os enfrontamentos da Constitución de 1812 e o Estatuto Real de 1834. É por esta época cando se nomea como preceptor da filla menor da naquel momento Rexente María Cristina de Borbón, e do difunto Fernando VII, a futura Isabel II.

Oposto á Lei de Concellos da Rexente e cun claro apoio ao progresismo de Baldomero no seu enfrontamento con Cistina. Ao ascender Espartero ao poder, foi nomeado embaixador en París onde tratou de conciliar as posicións oficiais españolas coas tramas que realizaba María Cristina no exilio. Tras a caída da Espartero e recentemente nomeada Isabel II maior de idade e Raíña de España, foi nomeado Presidente do Consello de Ministros onde tivo que enfrontarse ás falsas acusacións do reacionario Luis González Bravo, nas que sostiña que tratara de disolver as Cortes mediante o uso da violencia e a intimidación da raíña. Esta situación obrigouno outra vez a marchar a Francia o 19 de novembro de 1843. Non vovería a España até 1847. En 1853 ingresou como membro da Real Academia da Historia. Posteriormente foi embaixador en París e de volta á península mantivo duras críticas fronte aos moderados e reacionarios. En 1871 foi nomeado membro da Real Academia Española. Faleceu sendo embaixador de España en Francia.

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
Joaquín María López
Salustiano Olózaga
Precede a:
Luis González Bravo
Presidente do Goberno de España