Saltwater Band

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltwater Band
OrixeGaliwin'ku, Illa Elcho, Terra de Arnhem
Territorio do Norte, Australia Australia
Xénero(s)música indíxena australiana
Selo(s) discográfico(s)Skinnyfish
MembrosGeoffrey Gurrumul Yunupingu,
Manuel Nulupani Dhurrkay,
Joshua Dhurrkay,
Andrew Yunupingu,
Barra'kuwuy Yunupingu,
Jonathon Yunupingu,
Adrian Garrawitja,
Lloyd Garrawitja
Na rede
Spotify: 6ove1U4U6xiJzskwEzCrfQ Musicbrainz: a556bf1f-877d-4b7a-adcd-8e63d668b5a0 Songkick: 25054 Discogs: 1120040 Deezer: 1344576 Editar o valor em Wikidata

Saltwater Band é un grupo musical australiano que provén de Galiwin'ku na Illa Elcho (Terra de Arnhem) a 560 quilómetros de Darwin. Os membros do grupo son do pobo aborixe yolngu e cantan na súa lingua na meirande parte das cancións. Os seus temas son unha mestura de sons tradicionais e reggae/ska con influencias pop.[1] Un dos membros do grupo, Geoffrey Gurrumul Yunupingu, é parente de Mandawuy Yunupingu de Yothu Yindi e tamén foi membro da devandita banda Yothu Yindi.[2]

O seu primeiro álbum Gapu Damurrun, vendeu máis de 10,000 copias.[3]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Gapu Damurrun (1999)
  • Djarridjarri (2004)
  • Malk (2009)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Skinnyfish Music Arquivado 02 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. Saltwater Band - Gapu Damurrun'
  2. Department of Foreign Affairs and Trade Arquivado 09 de abril de 2012 en Wayback Machine. Listen Up - Music of Black Australia
  3. National Indigenous Times - Issue 68 Arquivado 06 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Deadly times for Saltwater

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]