Salomon Flohr
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Salomon Flohr | |
|---|---|
| Salomon Flohr | |
| Nacemento: | 21 de novembro de 1908 Horodenka |
| Falecemento: | 18 de xullo de 1983 Moscova |
| Nacionalidade: | Checoslovaca |
| Ocupación: | Xogador de xadrez |
Salomon Mijailovich Flohr, coñecido tamén como Salo Flohr, nado en Horodenka (Ucraína, antes Polonia) o 21 de novembro de 1908 e finado en Moscova o 18 de xullo de 1983, foi un dos principais xogadores checoslovacos de xadrez do século XX.
Traxectoria [editar]
Foi un heroe nacional en Checoslovaquia durante os anos 30 e o seu nome foi utilizado para vender moitos dos produtos de luxo do seu tempo, incluíndo cigarros Salo Flohr, pantuflas Salo Flohr, e auga de colonia Salo Flohr. Dominou moitos dos torneos de xadrez dos anos da preguerra e foi considerado como un candidato xenuíno para o campionato do mundo de xadrez.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado co xadrez é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados co xadrez que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |