Claude Saumaise

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Salmasio»)
Infotaula de personaClaude Saumaise

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Claude de Saumaise Editar o valor em Wikidata
15 de abril de 1588 Editar o valor em Wikidata
Semur-en-Auxois, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte3 de setembro de 1653 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Spa (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Francia
Provincias Unidas Editar o valor em Wikidata
RelixiónHugonotes e Calvinismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Heidelberg - dereito Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Leiden (1651–1653)
Estocolmo (1650–1651)
Leiden (1632–1650)
Grigny (1623–1632)
Dijon (1609–1623) Editar o valor em Wikidata
OcupaciónLector (1632–1653), orientalista , filólogo , humanista , profesor universitario , catedrático , erudito clásico , filólogo clásico , teólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leiden Editar o valor em Wikidata
MovementoHumanismo Editar o valor em Wikidata
AlumnosIsaac Vossius Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnne Mercier (en) Traducir (1623–) Editar o valor em Wikidata
PaiBenigne Saumaise (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesCharlotte Saumaise de Chazan (pt) Traducir (sobriña) Editar o valor em Wikidata

Claude Saumaise, tamén Claudius Salmasius na forma latina, nado en Semur-en-Auxois en 1588 e finado en 1653, foi un coñecido sabio, humanista e filólogo francés chamado o Príncipe dos Comentadores.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu primeiro mestre foi o seu pai Benigno, maxistrado e sabio distinguido e contou tamén coa amizade de Isaac Casaubon e Gruter, emprendendo con ánimo resolto o estudo da maior parte das ciencias da súa época (medicina, xurisprudencia, teoloxía, historia).

Claude de Saumaise aprendeu de forma autodidacta as seguintes linguas: persa, caldeo, árabe e o copto e posteriormente abrazou a relixión reformada, estableceuse en Holanda e permaneceu moito tempo en Leiden.

Este sabio adquiriu pronto unha reputación universal e os reis disputáronse o honor de telo nas súas cortes:

Deixou 60 manuscritos e moitas obras impresas e as súas principais obras son as edicións de Floro (1609), de L. Ampelius, da Historia Augusta, de Tertuliano, de Palio, de Aquiles Tacio (1640) e de Solino coas Exercitationes plinianae (1529).

Claude a parte da súa gran reputación, foi extraordinariamente enxalzado durante a súa vida e nunha ausencia un pouco longa da cidade holandesa de Leiden, os seus habitantes escribíronlle unha carta en que lle rogaban que regresase a Leiden, con estas palabras: «Así como o mundo non podería carecer do Sol, a Academia de Leiden non pode pasar sen Saumaise».

Obras[editar | editar a fonte]

De usuris, 1638.
  • Autor con outros escritores de Anthologia Graeca cum versione latina.., Ultrajecti, 1795-1822, 5 volumes.
  • Claude Saumaise & André Rivet:...., Amsterdam: APA-Holland University Press, 1987.
  • Virorum aliquot eruditorum..., Amstelaedami: Geradum de Groot, 1752.
  • Historiae augustae scriptores..., París: 1620.
  • Cl. Salmasii de re militari romanorum liber:.., Leiden, J.Elseverium, 1657.
  • Claudii Salmasii de Hellenistica commentarius:..., Leiden: Ex Officina Elseviriorum, 1643.
  • Xunto a outros autores Museum philologicum et historicum..., Lugduni Batavorum: sumptibus Abrahami vander Mijn, 1699-700, 2 volumes.
  • Cl. Salmasii Librorum de primatu Papae pars prima:...., Lugduni Batavorum, 1645.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diccionario universal de historia y geografía, 1846-50, Madrid: F. de Paula Mellado, 8 tomos.
Bibliografía complementaria
  • Ampelius, Lucius. Memoriale, Venezia: G. Antonelli, 1841.
  • Leroy, P. Le dernier vogaye a Paris et en Bourgogne, 1640-1643, du reforme Claude Saumaise: libre erudition et contrainte politique sous Richelieu, Amsterdam: APA-Holland University Press, 1983.
  • Orbis doctus, 1500-1850:..., Amsterdam & Utrecht: APA-Holland University, 2005.