Sally Martin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sally Erana Martin, coñecida como Sally Martin, nada o 14 de maio de 1985 en Wellington é unha actriz neozelandesa.

O seu papel máis coñecido foi como Tori Hanson/Blue Wind Ranger Ninja, que ten a forza da auga, na serie de televisión Power Rangers: Ninja Storm.

Ademais do seu papel nesta serie tamén traballou noutros espectáculos como The Tribe e The Strip, e na película para televisión Murder in Greenwich.