Sally Field

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sally Field
Sally Field 1971.JPG
Nacemento Sally Margaret Field
6 de novembro de 1946 (67 anos)
Pasadena, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión actriz
Parella(s) Burt Reynolds
Cónxuxe(s) Steven Craig (1968 – 1975)
Alan Greisman (1984 – 1993)

Sally Margaret Field, nada en Pasadena, California o 6 de novembro de 1946, é unha actriz de cinema e televisión estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira interpretativa na televisión a finais dos anos sesenta, como na serie The Flying Nun (1967-1970) da que foi protagonista. O seu primeiro papel importante no cinema foi en 1967, no filme The Way West.

En 1979 protagonizou Norma Rae, que lle valeu multitude de premios coma o oscar á mellor actriz e o premio á mellor actriz en Cannes. Cinco anos despois chegoulle o seu segundo oscar, con Places in the Heart.

Nos anos noventa os seus traballos foron máis esporádicos, con filmes como Forrest Gump ou Not Without My Daughter.

Ten traballado tamén na televisión nas últimas décadas, con papeis en series coma ER e Brothers & Sisters.

En 2005 foille diagnosticada osteoporose.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme
1962 Moon Pilot
1976 Stay Hungry
1977 Smokey and the Bandit
1977 Heroes
1978 The End
1978 Hooper
1979 Norma Rae
1979 Beyond the Poseidon Adventure
1980 Smokey and the Bandit II
1981 Back Roads
1981 Absence of Malice
1982 Kiss Me Goodbye
1984 Places in the Heart
1985 Murphy’s Romance
1987 Surrender
1987 Lethal Weapon
1988 Punchline
1989 Steel Magnolias
1991 Not Without My Daughter
1991 Soapdish
1993 Mrs. Doubtfire
1994 Forrest Gump
1996 Eye for an Eye
2000 Where the Heart Is
2000 David Copperfield
2001 Say It Isn’t So
2003 Legally Blonde 2: Red, White & Blonde
2006 Two Weeks
2012 The Amazing Spider-Man
2012 Lincoln

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]