Salchipapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salchipapa
Salchipapas
NomeSalchipapa
TipoComida rápida
Lugar de orixe Colombia e outros países da América latina.
IngredientesSalchichas, patacas fritidas, mollo
Receita[1]

As salchipapas son un prato de comida rápida popular[2] consumida en distintos países de América latina como Bolivia,[3] Chile, Colombia, Ecuador e o Perú. Consiste nun prato de salchichas enteiras ou cortadas en toros, acompañadas de patacas fritidas e diversos mollos. Como é o caso doutras comidas lixeiras populares de Suramérica, como as empanadillas e os anticuchos, as salchipapas son vendidas ata altas horas da noite. A expansión do consumo do prato chegou ata os Estados Unidos de América, onde restaurantes latinoamericanos inclúen as salchipapas no seu menú. Este fenómeno tamén pode ser observado en certas cidades de España, particularmente nas que teñen unha notoria presenza latinoamericana.

O seu nome está composto polas palabras que designan os seus ingredientes principais en castelán, "salchicha" (salchicha) e "papas" (patacas).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Receita das Salchipapas Arquivado 21 de agosto de 2015 en Wayback Machine. (en castelán).
  2. Jenkins, Dilwyn. "The Rough Guide to Peru" (en inglés). Books.google.com. Consultado o 9/01/2011. 
  3. Los precios de papa, arroz y trigo en Bolivia: Un analisis del periodo 1980-96