Salamanca (automoción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salamanca

Salamanca de 1904
TipoSociedade anónima
Fundación1902 - 1907
LocalizaciónMadrid España España
IndustriaTransporte
ProdutosAutomóbil
editar datos en Wikidata ]

Salamanca foi un fabricante español de automóbiles con sede en Madrid de 1902 ata 1907.

Historia da Compañía[editar | editar a fonte]

A compañía foi fundada por Carlos de Salamanca y Hurtado de Zaldívar (Marqués de Salamanca) en Madrid. Carlos Salamanca nese momento era un importador de Rolls-Royce en España. En 1902 comezaron a produción dos seus propios automóbiles. En 1907 terminou a produción. A empresa centrouse en 1907 só na distribución de vehículos de motor, e funciona agora baixo o nome de Carlos de Salamanca S.A. o importador español de Ferrari, Jaguar, Maserati , Bentley, Aston Martin, Land Rover e Harley-Davidson.[1].

Vehículos[editar | editar a fonte]

Os compoñentes como motores, caixas de cambio e diferenciais importábanse de Francia e montábanse nun bastidor de madeira feito e completado a man. Unha característica especial dos vehículos Salamanca foi o desenvolvemento dun refrixerador, que se colocaba en tubos de serpentina verticalmente na parte dianteira dos vehículos.

Un vehículo desta marca atópase o museo do automóbil 'Col·lecció d'Automòbils de Salvador Claret' en Sils.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Webseite C. de Salamanca". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2014. Consultado o 05 de setembro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]