Halita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sal xema»)
Halita
Cubo imperfecto de halita
Fórmula químicaNaCl
ClaseHaluros
Sistema cristalinoCúbico
CorIncolora, branca, amarela, vermella, gris e azul
BrilloVítreo algo mate
Dureza2
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta, en cubos
RaiaBranca
Densidade2,1-2,2 g/cm3

A halita[1] (tamén chamada sal xema[2] ou sal de rocha) é un mineral da clase dos haluros cuxa fórmula química é NaCl (39,3% de sodio e 60,7% de cloro). É pois, un mineral composto na súa totalidade por cloruro de sodio.

Aspecto[editar | editar a fonte]

Na súa forma cristalina adopta a figura dun cubo. Tamén aparece formando masas e máis rara vez en forma de octaedros. A súa coloración varía segundo as impurezas que teña na súa composición.

Lugares onde se atopa[editar | editar a fonte]

A halita é un mineral moi abundante en terreos sedimentarios, pérmicos, triásicos e terciarios. Xace en capas, alternándose con xeso e as arxilas, impregnando margas (chamadas por isto salíferas). Encóntrase disolta en altas cantidades na auga do mar e nalgunhas lagoas chamadas salinas coma as de Torrevieja (Alacant) e San Carlos de la Rápita (Tarragona).

Usos da halita[editar | editar a fonte]

A halita é utilizada na industria química como fonte de sodio e cloro e para fabricar sosa e ácido clorhídrico, na cociña como condimento e conservante de alimentos, na agricultura como fertilizante e no gando como alimento para animais.

Propiedades[editar | editar a fonte]

É soluble en auga e de sabor salgado.

Outros haluros[editar | editar a fonte]

Outros haluros a destacar son a fluorita e a silvina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  1. Definición de halita no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sal. Ver Frases e expresións con sal.