Sakae Osugi
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Sakae Osugi | |
|---|---|
| (1885-1923) | |
| Nacemento: | 17 de xaneiro de 1885 Marugame, Prefectura de Kagawa, |
| Falecemento: | 16 de setembro de 1923 Toquio, |
Sakae Osugi (en xaponés 大杉 栄,Ōsugi Sakae), nado en Marugame (Kagawa) o 17 de xaneiro de 1885 e finado en Toquio o 16 de setembro de 1923, foi un anarquista e activista xaponés.
Índice |
Traxectoria [editar]
En 1902, estudou literatura en Toquio e comezou a mostrar interese polo cristianismo e o socialismo. Sakae Osugi traduciu moitos autores anarquistas occidentais ó xaponés e participou no desenvolvemento do Esperanto.
Estivo no cárcere en varias ocasións. En 1923, foi executado sumariamente xunto co seu sobriño e con Noe Ito pola policía militar xaponesa durante o "Incidente de Akamasu", tralo Gran terremoto de Kantō.
