Saint George's
Coordenadas: 12°3′N 61°45′W / 12.050°N 61.750°W
| Saint George's | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | |
| Subrexión: | |
| Parroquia: | Saint George |
| Xeografía | |
| Altitude: | 25 msnm |
| Poboación | |
| Poboación total: | 4.318 hab. (2006) |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | |
Saint George's é a capital do pequeno Estado insular de Granada, no Mar Caribe. A súa poboación era de 4.318 habitantes en 2006, que contando con os do conxunto da aglomeración urbana alcanza máis de 33.000 habitantes. A súas coordenadas son 12º 3' N e 61º 45' O.
Índice |
Xeografía[editar]
A capital, con porto sobre o mar, está arrodeada por terra dun outeiro, que forma parte do cráter dun antigo volcán.
A súa economía, en boa medida baseada no turismo, ten como outro dos piares a exportación de produtos tropicais: cacao, noz moscada e unha especia derivada desta última, o macis.
Ademais do porto marítimo, as comunicacións internacionais están servidas por medio do [[Aeroporto Pointe Salines]].
Historia[editar]
St. George's foi fundada por franceses en 1650. Logo da retirada de Bridgetown, en Barbados, a mediados da década de 1880, St. George's tornouse a capital da colonia británica das Illas de Barlovento ( en inglés Windward Islands).
No ano 2004, St. George's, e o resto de Granada, ficaron severamente damnificadas a consecuencia do paso do Furacán Iván. A axuda internacional, no ano seguinte, contribuíu a paliar os efectos e realizáronse traballos de reconstrución axeitados.
Patrimonio cultural[editar]
- Fort George, baluarte obra dos franceses, de 1705.
- Catedral católica, edificada en 1818.
- Igrexa anglicana, construída en 1825.
- Grenada National Museum.
- Edificio do Parlamento, tamén coñecido como York House, que acolle as dúas cámaras de repreesntantes e máis o Tribunal Supremo (Supreme Court).
- O pazo do Gobernador Xeral (Governor General Residence).
- O complexo fortificado de Fort Frederick.
Outros lugares de interese[editar]
- O mercado de St. Georg's.
- A praia de Grande Anse, con centros comerciais e hoteis nas cercanías.
- O estadio de Queen's Park, que acolleu a copa mundial de cricket do 2007.