Saimaa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 61°15′N 028°15′L / 61.250, -28.250

O lago Saimaa destacado en cor azul nunha foto de satélite. Véxase o Golfo de Finlandia na parte inferior e o Lago Ladoga á dereita. A liña negra representa a fronteira entre Finlandia e Rusia.

O lago Saimaa é, cunha superficie de 4.400 km², o meirande de Finlandia e o quinto de Europa. Atópase ó sueste do país e as cidades máis importantes que se encontran na súa ribeira son Lappeenranta, Imatra, Savonlinna, Mikkeli, Varkaus e Joensuu.

Desemboca no río Vuoksi, que flúe cara ó Lago Ladoga, xa en territorio ruso. A canle do Saimaa conecta o lago co Golfo de Finlandia, pasando dende Lappeenranta até Vyborg.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

O lago Saimaa en verán.