Sage derby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Sage derby ou queixo de Derby á xarxa, é un queixo semicurado típico inglés.

Características[editar | editar a fonte]

O seu aspecto é inconfundíbel: ten un tramado como de mármore de cor verde intensa cun lene sabor a xarxa. Preséntase en pezas circulares baixas, duns 7 cm. de grosor e cuns 30 cm. de diámetro. Ten un sabor intenso, pero agradábel.

Elaboración[editar | editar a fonte]

A produción de sage derby comezou no século XVII. O seu característico sabor dáselle engadindo follas de xarxa ao callo e esmagándoas ben, aínda que hai quen para conseguir esa brillante cor verde tamén lle bota zume de millo. Tamén hai quen lle bota perexil, espinacas ou follas de margarida só como colorantes, e retíraas antes do proceso de fermentación.

Ao comezo, o sage derby facíase só en días sinalados, como na seitura ou no Nadal, pero hoxe en día está dispoñíbel todo o ano e en cadeas de supermercado