Sagas de bispos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As sagas de bispos (Byskupasögur) son un tipo de saga que describen a vida dos primeiros bispos islandeses e da igrexa local desde a conversión de Islandia ao cristianismo e a fundación do primeiro bispado no ano 1065 ata o século XIV. O primeiro santo islandés foi o bispo de Skálholt Þorlákr Zórhallson canonizado en 1199. As sagas ademais do sentido haxiográfico contan tamén con elementos pagáns.