Sabadelle, O Pereiro de Aguiar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sabadelle
Igrexa de San Martiño de Sabadelle.
ConcelloO Pereiro de Aguiar[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°21′39″N 7°49′07″O / 42.360699844544, -7.8186071023884Coordenadas: 42°21′39″N 7°49′07″O / 42.360699844544, -7.8186071023884
Poboación485 hab. (2023)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Sabadelle é unha parroquia do concello do Pereiro de Aguiar na comarca de Ourense, na provincia de Ourense. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 485 habitantes (254 homes e 231 mulleres).

Historia[editar | editar a fonte]

Don Rodrigo Aras, cabaleiro de Aguiar, o 11 de xuño de 1301 merca un souto de castiñeiros en Sabadelle.[3]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Martiño de Sabadelle é románica bastante reformada. Conserva a portada occidental e gran parte dos muros da nave cos canzorros. No interior mantense o arco triunfal que da paso ao presbiterio moderno e parte dun artesoado mudéxar.

Lendas[editar | editar a fonte]

En Sabadelle, a moitos quilómetros da costa, recolleuse unha lenda protagonizada por unha balea. Crese que só existe unha balea en todo o mar, e que pare unha cría cada cinco anos. Coincidindo co momento do parto, as mulleres embarazadas corren perigo de abortar, porque se considera que a balea está directamente relacionada co Mal. Cando a balea sente que vai morrer, diríxese a varar na costa, quedando no mar o baleato.[Cómpre referencia]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Sabadelle[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Sabadelle no concello do Pereiro de Aguiar (Ourense)

Lagocios | Parada | Sabadelle | San Benito da Veiga | Seoane | Vilaboa | Xubande

Parroquias do Pereiro de Aguiar[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias do Pereiro de Aguiar

Calvelle (San Miguel) | Chaodarcas (Santa Ana) | Covas (San Cibrao) | A Lamela (Santa María) | Melias (Santa María) | Prexigueiró (San Salvador) | Sabadelle (San Martiño) | San Martiño de Moreiras (San Martiño) | San Xoán de Moreiras (San Xoán) | Santa Marta de Moreiras (Santa Marta) | Tibiás (San Bernaldo) | Triós (San Pedro) | Vilariño (Santa Cristina)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011, 71.

Outros artigos[editar | editar a fonte]