STAR TV
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Satellite Television Asia Region (STAR) é un grupo proveedora de canles e servizos de televisión por satélite e cable en Asia propiedade da News Corporation de Rupert Murdoch, a súa sede central está en Hong Kong, con oficinas rexionais na India, China, Taiwán, Singapur e noutros países asiáticos.
Desenvolvemento [editar]
A compañía rexistrouse o 1 de agosto de 1990 como parte do grupo Hutchison Whampoa, comezando a emitir cinco canles de televisión o 1 de xaneiro de 1991 a través do satélite AsiaSat 1. En 1993 Rupert Murdoch mercou a compañía.
Canles propias [editar]
- STAR Chinese Channel - Canle en mandarín xeneralista para Taiwán , unha das primeiras cinco canles STAR.
- STAR Chinese Movies - Filmes en mandarín e cantonés, unha das primeiras cinco canles STAR
- STAR Chinese Movies 2 - Filmes en mandarín de entre 1970 a 1999 con subtítulos en inglés
- Xing Kong
- STAR Movies - Filmes en inglés, conta con tres canles STAR Movies International, STAR Movies Middle East con subtítulos en árabe, STAR Movies Taiwan con subtítulos en chinés.
- STAR World - Emite programas en inglés dos Estados Unidos e algún do Reino Unido para o suleste de Asia e as Filipinas, antes coñecido como STAR Plus.
- STAR Plus - Canle en hindi para a India, unha das primeiras cinco canles STAR, aínda que entón en inglés.
- STAR Utsav - Canle en hindi que emite programas históricos de STAR Plus
- STAR One - Canle en hindi
- STAR Gold - Canle de filmes en hindi
- STAR News - Canle de noticias en hindi
- STAR Vijay - Canle en tamil
- STAR Jalsha - Canle de entretemento en bengalí
- STAR Ananda - Canle de noticias en bengalí
- STAR Majha - Canle de noticias en marati
- STAR Pravah - Canle de entretemento en maratí
- Channel [V] International - Canle de música, hai canles nacioniais en varios países pero non todas son propiedade directa de STAR TV, así tan só posúe o 49 % do Channel V Thailand
Canles con participación de STAR TV [editar]
- Phoenix Chinese Channel - Canle en mandarín
- Phoenix Infonews - Canle de noticias en mandarín
- Phoenix Movies Channel - Canle de filmes en chinés e inglés, estes con subtítulo en chinés.
- ESPN Star Sports - Cadea de 17 canles en 5 linguas (inglés, mandarían,cantonés, coreano e hindi)
- antv- Canle terrestre en indonesio para Indonesia
- Asianet- Canle en malaialam
- Asianet Sivarna- Canle en telugú
- Asianet Suvarna - Canle en kannada