SS Imperator

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SS Imperator
RMS Berengaria
USS Imperator World War I SP-4080.jpg
Historial Flag of German Empire (jack 1903).svgGovernment Ensign of the United Kingdom.svg
Estaleiro AG Vulcan, Hamburgo Alemaña
Clase Imperator
Tipo transatlántico
Operador Hamburg American Line
Cunard Line
Botado 22 de maio de 1912
Viaxe inaugural 20 de xuño de 1913
Baixa 1946
Características xerais
Desprazamento 52.117 t
Eslora 276 m
Manga 29.95 m
Puntal 10.72 m
Propulsión 4 hélices
Capacidade 4.234 pasaxeiros

O SS Imperator foi un transatlántico alemán que comezou o seus servizos baixo a compañía Hamburg American Line. Foi construído nos estaleiros de AG Vulcan en Hamburgo en 1913. Foi o primeiro da clase Imperator, que inclúe o SS Vaterland e o SS Bismarck. Tras a Primeira Guerra Mundial, o Imperator foi cedido ao Reino Unido como compensación de guerra, e foi renomeado como RMS Berengaria e cedido á Cunard Line. Sufríu un incendio en 1938 que provocou que se comezara a súa demolición, rematada en 1946. Ata a posta en servizo do SS Vaterland, o Imperator foi o barco máis grande do mundo.

Historia[editar | editar a fonte]

A popa do Imperator na súa botadura

Comparable en tamaño co RMS Olympic e o HMHS Britannic e botado poucos meses despois do afundimento dol RMS Titanic foi un dos buques de pasaxeiros máis grandes xunto co SS Vaterland e o SS Bismarck. A súa silueta distintiva estaba coroada na proa cun grande mascaron dun aguia imperial alemá de bronce sostendo entre as súas garras un orbe.

SS Imperator[editar | editar a fonte]

Realizou a súa primeira e única viaxe ao servizo da HAPAG na ruta Hamburgo-Southampton-Cherburgo-Nova York o 11 de xuño de 1913 baixo o mando do comodoro da liña Hans Ruser, chegando a Nova York o día 19 do mesmo mes. O buque volveu cara Europa o 25 de xuño.

O SS Imperator tivo inicios bastante complicados a partir de 1913 por varias dificultades técnicas e deficiencias de enxeñaría, entre elas o elevado centro de gravidade que provocaba un campaneo escorando banda a banda de xeito pronunciado cando viraba, isto provocou que fóra coñecido como SS Limperator (limp é coxo en inglés). Ante este problema, tívose que modificar de emerxencia, eliminando os mobles pesados de primeira clase e inxectouse cemento no dobre fondo.

Primeira Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

O SS Imperator permaneceu amarrado no porto de Hamburgo durante toda a Primeira Guerra Mundial e debido ás súas deficiencias non foi destinado a ningún uso militar, nin instaláronse aparellos para a artillería.

Rematada a guerra, foi comisionado pola US Navy e levado ao porto de Brest en Francia para repatriar a 2.100 efectivos a Nova York. Nese tempo foi rebautizado como USS Impetaror (ID 4080) e operou ata setembro de 1919 co Cruiser and Transport Force, realizando outras tres viaxes nos que repatriou a uns 25.000 soldados, enfermeiras e civís ós Estados Unidos.

RMS Berengaria[editar | editar a fonte]

Ao ser descomisionado da US Navy foi transferido ó British Shipping Controller en calidade de botín de guerra e alugado á navieira Cunard Line que utilizouno, aínda baixo o nome orixinal,, en nove viaxes entre 1920 e 1921. A Cunard recibiu o barco en pésimas condicións de mantemento, polo que tivo que investir miles de libras esterlinas para deixalo como o resto dos seus barcos operativos, isto demorouse desde marzo ara xullo de 1920. A Cunard comprouno en 1921 e renomeouno RMS Berengaria. Adicionalmente o seu motor propulsor foi modificado en 1922 para usar petróleo en lugar de carbón. O seu primeiro capitán inglés foi Arthur Rostron.

Serviu durante 14 anos como buque insignia da Cunard ata 1934 ano en que foi substituído polo antigo SS Bismarck agora renomeado como RMS Majestic. No 1938 comezou a sufrir unha serie de accidentes que decidiron o seu retiro en 1939. Finalmente foi desarmado en 1946.

Notas[editar | editar a fonte]

  • [1] Información e fotografías do SS Imperator