SPA (automoción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SPA
Fundación 1906
Localización Turín, Italia
Industria Automóbil
Produtos Automóbiles
S.P.A. 50 HP 9000 1914

SPA, acrónimo de Società Piemontese Automobili, foi un fabricante italiano de automóbiles entre 1906 e 1926. A empresa foi fundada por Matteo Ceirano e Michele Ansaldi de Turín baixo o nome de Società Automobili Piemontese. Os primeiros coches foron exhibidos na Esposizione dei Torino. Estes modelos, deseñados por Ceirano, chamábanse 28/40HP e 60/70HP.

En 1908, a compañía fusionouse coa Fabbrica Ligure Automobili Genova (FLAG) e converteuse na nova compañía Società Ligure Automobili Piemontese. A sede estaba en Xénova, mentres que a produción continuou en Turín.

O ano seguinte un SPA pilotado por Ciuppa gañou a carreira Targa Florio. Antes da Primeira Guerra Mundial, había dous coches, de catro e seis cilindros, o máis grande tiña un desprazamento 11.536cc. En 1916, tanto Ceirano e Ansaldi abandoaran.

Logo da guerra, a produción renovouse cos modelos anteriores á guerra (25/30 HP e 14/16HP). En 1923 a empresa trasladouse a Turín, unha vez máis. Os novos modelos deportivos (Tipo 23,Tipo 24 e Tipo 25) comercializáronse - o modelo máis progresista tiña un motor de seis cilindros DOHC de 24 válvulas.

Por mor dos problemas financeiros da empresa, Fiat fíxose cargo en 1925 e a compañía pronto suspendeu a fabricación de coches en favor dos vehículos comerciais e militares. Logo da Segunda Guerra Mundial, Fiat renovou a produción de automóbiles durante un tempo, pero en 1947 a empresa foi absorbida para rematar, en Fiat.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]