SCART

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O SCART debe o seu nome ás siglas de Syndicat des Constructeurs d'Appareils Radiorécepteurs et Téléviseurs, tamén coñecido como Euroconector ou Peritel (de televisión periférica).

Definición[editar | editar a fonte]

O SCART ou Euroconector é un tipo de conector normalizado de 21 patillas que serve para a interconexión de dispositivos, permitindo o intercambio de información de vídeo e son. Este elemento permite acceso RGB directo ao receptor, así como o sinal de vídeo composto e bidireccional coñecido como CVBS (sinal de vídeo composto, borrado e sincronismo) xunto con conexións independentes ao canal de son estéreo. O número de estándar na CENELEC é EN 50049-1:1997. O Euroconector emprégase na interconexión de distintos dispositivos de televisión, vídeo, descodificadores, videoxogos...

Patillaxe[editar | editar a fonte]

O euroconector consta de 21 patillas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ibrahim, K.F. (2001, 2ª Edición) Receptores de televisión. Barcelona: Ed. Marcombo S.A. (en castelán)

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: SCART