S/PDIF
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O acrónimo S/PDIF ou S/P-DIF (Formato de Interfaz Dixital Sony/Philips, Sony/Philips Digital Interface Format), coñecido tamén tecnicamente polo seu código segundo a Comisión Electrotécnica Internacional, IEC 958 type II, parte da IEC-60958, consiste nun protocolo a nivel de hardware para a transmisión de sinais dixitais modulados en PCM entre dispositivos e compoñentes estereofónicos.
S/PDIF é unha versión do protocolo estándar AES/EBU adaptada para aplicacións comerciais, presentando pequenas diferenzas que o fan máis económico de o construír.
| AES/EBU | SPDIF | |
|---|---|---|
| Cableado | Par trenzado (110 ohmios) ou coaxial (75 ohmios) | Coaxial (75 ohmios) ou fibra óptica |
| Conector | XLR de 3 pins ou D-Sub de 25 pins | RCA, BNC ou Toslink |
| Nivel de sinal | 3 a 10 V | 0,5 a 1 V |
| Codificación | BMC | BMC |
| Información de subcódigo | Texto de identificación ASCII | Información de protección de copia SCMS |
| Resolución máxima | 24 bits | 20 bits (24 bits opcionais) |