S.S. Basket Napoli
|
||
|---|---|---|
| Fundado | 1946 | |
| Desaparecido | 2010 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | PalaBarbuto (5.500) | |
| Cores | Azul e branco | |
| Historia | Serapide Pozzuoli (1995-1999) | |
| Presidente | Mario Maione | |
| Coppa Italia | 1 (2006) | |
A Società Sportiva Basket Napoli foi un club profesional de baloncesto italiano con sede na cidade de Nápoles que chegou xogar na Lega Basket Serie A e gañar a Copa de Italia en 2006, así como participar na Euroliga. Non se debe confundir co Partenope Napoli Basket, equipo da mesma cidade que compite na Serie C2.
Índice |
Historia [editar]
Antes da tempada 1999-00 a sociedade chamábase Serapide Pozzuoli. En 1999 o presidente Lubrano trasladou ao equipo dende a súa sede de Pozzuoli (cidade da provincia de Nápoles) á capital. A sociedade foi cedida a Mario Maione en xullo de 2001 e na tempada 2001-02 o club consegue o ascenso á Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, chegando a gañar en 2006 gañou a Copa de Italia e participar na Euroliga.
En 2008 o Consello Federal da Federación Italiana de Baloncesto revogou a admisión do conxunto á Serie A por incumprimentos financeiros. Así o Basket Napoli así foi relegado á Serie C2, chegando á bancarrota o 12 de xaneiro de 2010, desaparecendo. Disputaba os seus encontros no PalaBarbuto de Nápoles, con capacidade para 5.500 espectadores e as súas cores eran o branco e o azul.
Denominacións [editar]
- Serapide Pozzuoli (1995–99)
- Record Napoli (1999–01)
- Pastificio di Nola Napoli (2001–02)
- Pompea Napoli (2002–05)
- Carpisa Napoli (2005–06)
- Eldo Basket Napoli (2006–08)
Palmarés [editar]
Títulos nacionais [editar]
- Coppa Italia: 1
- 2006.