Södertälje SK
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1902 | |
| Sede | ||
| Cancha | AXA Sports Center (7.250 espectadores) |
|
| Cores | Vermello, azul mariño e branco |
|
| Liga | HockeyAllsvenskan | |
| Campionatos | 7 (na elitserien) | |
| Adestrador | Johan Strömvall | |
| Director | Maria Andark | |
| Sitio Web | http://www.sodertaljesk.se/ | |
O Södertälje Sportklubb ou Södertälje SK é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Södertälje (Suecia). Actualmente compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo sueco, a HockeyAllsvenskan, aínda que durante moitos anos competiu na máxima categoría, a Elitserien, categoría que gañou en 7 ocasións. Xoga os seus partidos como local no AXA Sports Center, un pavillón con capacidade para 7.250 espectadores.
Índice |
Historia [editar]
A club polideportivo foi creado en 1902, en 1907 creouse a sección de bandy, e xa en 1925 apareceu a sección de hóckey sobre xeo. O Södertälje SK conseguiu o campionato sueco en sete ocasións, a última en 1985. Ao ano seguinte, conseguiu o subcampionato da Copa de Europa, logo de perder na final fronte ao CSKA Moscova por .
O club participou na máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco durante 70 tempadas, incluíndo 20 tempadas dende a creación da Elitserien en 1975 (1975–1978, 1980–1981, 1983–1992, 1996–1998, 2001–2006). De 1999 a 2001, o equipo competiu na Hockey Allsvenskan, ascendendo nóvamente á máxima categoría. No 2007 gañou o título da segunda categoría, regresando á elite tan só un ano despois de descender.
Palmarés [editar]
- 7 Le Mat Trophy: 1925, 1931, 1941, 1944, 1953, 1956, 1985