Sófora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sófora

Follaxe de Styphnolobium japonicum
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Fanerógama Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Sophoreae
Xénero: Styphnolobium
Especie: S. japonicum
Nome binomial
Styphnolobium japonicum
(L.) Schott, 1830
Flores, detalle
Froitos monoliformes inmaturos.

A sófora[1] (Styphnolobium japonicum; sin. Sophora japonica), tamén coñecida coma sófora do Xapón, árbore do mel, árbore dos pagodes, ou falsa acacia do Xapón, é unha árbore leguminosa, oriúnda do leste de Asia (principalmente da China que foi introducida no Xapón. É unha popular árbore caducifolia ornamental en Europa e nas Américas, especialmente polas flores brancas que bota a finais do verán; sendo unha floración máis serodia do que as outras árbores.

É, xunto coa Robinia pseudoacacia e a Gleditsia triacanthos, unha da tres «falsas acacias» plantadas nas vilas e cidades, especialmente dispostas en ringleiras nas rúas e parques.

Xéneros Sophora vs. Styphnolobium[editar | editar a fonte]

Ambos os dous xéneros están na subfamilia Faboideae na familia das leguminosas Fabaceae, formalmente hai sinonimia entre ambos os dous xéneros. Mais as especies de Styphnolobium difiren de Sophora por teren perdido a súa habilidade de facer simbiose coas bacterias fixadoras de N Rhizobium nas súas raíces. E difiren do xénero relacionado Calia por seren caducifolias e teren as flores axilares, non terminais, en acios pénsiles.

Descrición[editar | editar a fonte]

Ten fuste erecto, con semellanza á falsa acacia, introducida en Europa polo século XVIII, medra amodo de 5 a 10 m de altura, porte elegante, tronco con casca engurrada segundo liñas tortas, pólas de exemplares máis novas, son verde-brillante, as follas pinnado-compostas de 4 a 10 folíolos con peluxe, oval-lanceoladas, agudas, verde-escuras superiormente e glauco polo envés, marxes enteiras e nervaduras que se prolongan até o ápice, con fermosas flores estivais de delicado recendo, cores branco-cremosas, reunidas en acios formando grandes feixes terminais de até 25 cm, posúen un cáliz acampanado con 5 dentes, e unha corola con carena arrodeado de 2 pétalos algo separados, 10 estames ceibos, ovario supero. O froito é un legume indehiscente, de 3–6 cm de longo, carnoso, de cor verde-vítreo cando é inmaturo, e que se vira arroibado e engurrado cando vai chegando, a xeito de rosario (monoliforme) polas numerosas constricións que separan as sementes (en número de 1 a 6), que teñen forma de ovo ou ril, centimétricas, lisas e de cor parda moi escura, practicamente negra. Dito froito aínda non está chegado e fica na árbore cando este último xa perdeu a follaxe a comezos do inverno, caendo algo despois.

Comporta numerosas variedades hortícolas, como por exemplo a Styphnolobium japonicum cv. Pendula.[2] que atopamos no pazo de Lourizán.

Distribución[editar | editar a fonte]

Especie orixinaria do leste de Asia, plantada na maioría das cidades, lugares habitados, bermas e beirís das estradas e lugares ruderalizados.[2]

Usos[editar | editar a fonte]

Ademais do uso ornamental, ten aplicacións medicinais. Considérase especie emética[2]

Utilizada coma menciña tradicional chinesa: é unha das 50 substancias fundamentais.

Árbores senlleiras[editar | editar a fonte]

A sófora péndula do Pazo de Lourizán, en Pontevedra, figura no catálogo de Árbores senlleiras de Galicia.

Citoloxía[editar | editar a fonte]

Táxones infra específicos[editar | editar a fonte]

Non hai que sexan aceptados/válidos[4]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

  • Anagyris chinensis Spreng.
  • Macrotropis foetida DC.
  • Ormosia esquirolii H.Lév.
  • Pongamia chinensis DC.
  • Robinia mitis Lour.
  • Sophora angustifoliola Q.Q.Liu & H.Y.Ye
  • Sophora chinensis hort. ex Zabel
  • Sophora japonica L.
  • Sophora japonica f. columnaris Schwer.
  • Sophora japonica f. hybrida Carrière
  • Sophora japonica f. oligophylla Franch.
  • Sophora japonica f. pendula Loudon
  • Sophora japonica var. praecox Schwer.
  • Sophora japonica var. pubescens' (Tausch) Bosse
  • Sophora japonica f. variegata Nichols
  • Sophora japonica var. vestita Rehder
  • Sophora japonica var. violacea Carrière
  • Sophora japonica var. violacea Dippel
  • Sophora korolkowii Dieck
  • Sophora pendula Spach
  • Sophora pubescens Tausch
  • Sophora sinensis Forrest
  • Sophora vanioti H.Lév.
  • Styphnolobium japonicum var. pubescens hort. ex Kirschner[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar en galego en Termos esenciais de botánica Santiago de Compostela, 2004 e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  2. 2,0 2,1 2,2 "Sophora japonica en Flora Ibérica, vol. LXXXVIII, p.,36, RJB/CSIC, Madrid p. p." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2013. 
  3. Contribuiçao para o conhecimento citotaxonómico das spermatophyta de Portugal. IX. Cruciferae Fernandes, A., M. F. Santos & M. Queirós (1977) Bol. Soc. Brot., ser. 2, 51: 137-186.
  4. 4,0 4,1 "Styphnolobium japonicum en The Plant List (xaneiro 2013)". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2013. Consultado o 12 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]