Síndrome postorgásmica
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
A síndrome postorgásmica (POIS polas súas siglas inglesas Postorgasmic illness syndrome) é unha enfermidade que se caracteriza por síntomas de debilidade tras o orgasmo que pode durar de varias horas a varios días.[1][2][3] Foi descrito por primeira vez no ano 2002.[4]
Índice |
Síntomas [editar]
Os síntomas normalmente aparecen despois de media hora do orgasmo e vaise aos poucos días.[3][4]
O afectado pode experimentar síntomas mentais e físicos. Os síntomas mentais comúns inclúen disfuncións cognitivas, intenso malestar, irritabilidade, ansiedade, necesidade de descanso, susceptibilidade para o estrés, depresión, dificultade para comunicarse, para lembrar palabras, ler e reter información, concentración e socialización.[1][3][4][5] Os síntomas físicos inclúen fatiga severa, dor de cabeza leve ou severa, e síntomas parecidos á gripe ou á alerxia, tales como tos, irritación dos ollos e nasal ou mialxia.[3][4] Os afectados tamén poden experimentar calor intensa.[1][2]
Diagnose [editar]
O doutor Waldinger di que esta enfermidade é propensa a ser relacionada con factores psicolóxicos ou hipocondría.[2] No ano 2010, nun estudo do British Medical Journal, Dexter comenta unha forma de dor de cabeza orgásmica con POIS, e referencia un encontro científico con centos de enfermos que describían a súa situación.[3][5]
Tratamento [editar]
Os pacientes de POIS empezan a ser tratados con técnicas para alérxicos de semen.[6]
Os afectados evitan a actividade sexual,[2] especialmente o orgasmo, ou programalo para ocasións nas que poidan recuperarse.[4]
Un médico tratou a dúas persoas, cuxos síntomas primarios foron estado de ánimo depresivo intenso, cos inhibidores selectivos da recaptación de serotonina.[7]
Epidemioloxía [editar]
A POIS podería afectar a entre o 0.25% e o 1% da poboación.[8] Está considerada unha enfermidade rara.[9][10]
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Waldinger MD, Meinardi M, Zwinderman A, Schweitzer, D. (Abril 2011). "Postorgasmic Illness Syndrome (POIS) in 45 Dutch Caucasian Males: Clinical Characteristics and Evidence for an Immunogenic Pathogenesis (Part 1)". The Journal of Sexual Medicine. DOI:10.1111/j.1743-6109.2010.02166.x.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Waldinger MD, Schweitzer DH (2002). "Postorgasmic illness syndrome: two cases". J Sex Marital Ther 28 (3): 251–5. DOI:10.1080/009262302760328280. PMID 11995603. http://www.informaworld.com/smpp/content~db=all~content=a713847004?words=waldinger.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Dexter S (2010). "Benign coital headache relieved by partner’s pregnancies with implications for future treatment". British Medical Journal. http://casereports.bmj.com/content/2010/bcr.10.2009.2359.short?rss=1.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Richard Balon, R. Taylor Segraves (2005). Handbook of sexual dysfunction. Informa Health Care. isbn 9780824758264. http://books.google.com/?id=oVbn7A3BtEUC&pg=PA241&dq=Postorgasmic+Illness+Syndrome. Consultado o 4 de marzo de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 "Post Orgasmic Illness Syndrome (POIS)". 2010. http://www.thenakedscientists.com/forum/index.php?topic=6576.0.
- ↑ Waldinger MD, Meinardi M, Zwinderman A, Schweitzer, D. (Abril 2011). Hyposensitization Therapy with Autologous Semen in Two Dutch Caucasian Males: Beneficial Effects in Postorgasmic Illness Syndrome (POIS; Part 2). The Journal of Sexual Medicine. DOI:10.1111/j.1743-6109.2010.02167.x.
- ↑ Friedman, Richard A. (19 de xaneiro de 2009). "In the Brain, if Not the Mind". The New York Times. http://www.nytimes.com/2009/01/20/health/views/20mind.html. Consultado o 4 de marzo de 2012.
- ↑ Rasmussen BK, Olesen J (1992). "Symptomatic and nonsymptomatic headaches in the general population.". Neurology 42 (6): 1225–31. PMID 1603351.
- ↑ http://rarediseases.info.nih.gov/GARD/Condition/10809/Postorgasmic_illness_syndrome.aspx
- ↑ http://www.rarediseases.org/rare-disease-information/organizations/byID/3136/viewDetail
Véxase tamén [editar]
- Semen allergy suspected in rare post-orgasm illness (Reuters, 17 de xaneiro de 2011)
- Una misteriosa enfermedad te deja K.O. después del orgasmo (Público, 18 de xaneiro de 2011)