Síndrome de Stendhal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Stendhal, autor que dá nome á síndrome.

A síndrome de Stendhal, tamén denominada síndrome de Florencia, é unha enfermidade psicosomática que causa un elevado ritmo cardíaco, vertixe, confusión e mesmo alucinacións cando o individuo é exposto a unha sobredose de beleza artística, é dicir, obras mestras da arte.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Ten esta denominación polo famoso autor francés do século XIX Stendhal, quen deu unha primeira descrición detallada do fenómeno que experimentou na súa visita en 1817 á Basílica de Santa Cruz en Florencia, e que relatou despois nun dos seus libros:

"Chegara a ese punto de emoción no que se atopan as sensacións celestes dadas polas Belas Artes e os sentimentos apaixonados. Saíndo de Santa Cruz, latexábame o corazón, a vida estaba esgotada en min, andaba con medo a caer".
Stendhal

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.