Síndrome de Münchhausen por poder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A síndrome de Münchhausen por poder (MSBP do inglés Münchhausen Syndrome by power ou by proxy, en galego SMPP) aparece mencionado no DSM-IV-TR coma unha forma de maltrato infantil por proximidade. É un trastorno no que unha persoa deliberadamente causa lesión, enfermidade ou desorde a outra co obxecto de chamar a atención ou acadar algún outro beneficio persoal. Esta síndrome foi descrita por diversos autores coma unha das formas máis daniñas de abuso infantil[1].

O coidador adoita ser a nai, pai ou titor, e a vítima adoita ser unha persoa vulnerable, independendentemente da súa idade. A maioría dos casos involucran a indución da enfermidade física, aínda que tamén é posible a indución de condicións que aparentan ser xenéticas ou de desorde psicolóxica.

Descrición inicial[editar | editar a fonte]

En 1977, Roy Meadow (daquela profesor de Pediatría na Universidade de Leeds), describiu o extraordinario comportamento de dúas nais: segundo o relato do doutor Meadow, unha envelenara o seu fillo con cantidades excesivas de sal. A outra introducira o seu propio sangue nunha mostra de ouriña do seu bebé. Referiuse a este comportamento coma o síndrome de Münchhausen por poder (MSBP).

A comunidade médica foi inicialmente escéptica ante a existencia de MSBP, pero aos poucos foi aceptándoa coma unha condición médica recoñecida.

Sinais diagnósticas[editar | editar a fonte]

Requírese cautela no diagnóstico das enfermidades inducidas ou inventadas. Un correcto diagnóstico de MSBP debe incluír, desde a ética, unha correcta avaliación do neno, avaliación dos pais e tamén da dinámica familiar. Un diagnóstico baseado unicamente nunha revisión do seu historial médico, pode ser rexeitado polo Poder Xudicial.

O proveedor de coidado adulto que está abusando dos nenos, decote parece cómodo no seu lugar e non chama a atención se chega a visitar o neno no hospital. Os profesionais médicos deben vixilar as visitas de adultos ós nenos mentres permanezan no hospital, e denunciar ante as autoridades legais os casos de abusos.

Predominio por xénero[editar | editar a fonte]

Notouse que esta síndrome aplícase sobre todo sobre homes, mentres que é desproporcionadamente maior a cantidade de proxenitores femininos cá de masculinos que actúan de perpetradores. Segundo un estudo feito en 2006, en máis do 90 % dos casos de Síndrome de Münchhausen por poder a nai fora quen abusara[2]. A preponderancia feminina pode ser atribuída a un modelo de socialización, que anima á femia a buscar a compaixón e a axuda doutros.

O SMPP tamén pode ser atribuído a outro modelo de socialización frecuente, que coloca a femia a cargo do coidade primario que vai ter o neno[3].

Controversia[editar | editar a fonte]

Entre 1990 e comezos da década de 2000, Meadow foi perito en varios casos de filicidios, e nalgúns casos os pais foron erroneamente condenados e encarcerados por asasinar os seus fillos. En 2003, Frederick Curzon, portavoz de saúde do Partido Conservador na Cámara dos Comúns, acusou a Meadow de inventar unha "teoría sen ciencia" e de negarse a presentar probas para demostrar a existencia da Síndrome de Munchausen por poder. É importante distinguir entre o acto de danar un neno, que pode ser facilmente verificado (e hai moitos casos para demostrar que isto sucede), e a intención, que é moito máis difícil de comprobar e que trata de explicar a SMPP. Coma exemplo, unha persoa podería ser perxudicial para un neno simplemente por malicia, e non coa fin de chamar a atención e lograr simpatía.

A distinción é decote crucial no proceso penal, no que a fiscalía debe demostrar o acto e os elementos que constitúen un crime para poder establecer a responsabilidade. Na maioría dos ordeamentos xurídicos, un médico pode dar testemuña pericial en canto a se un neno está sendo prexudicado, pero non pode especular acerca da motivación da persoa. Meadow refírese ao feito de que a enfermidade é inducida ou fabricada con intencionalidade específica, tanto por unha nai coma por un cuidador. Na actualidade hai máis de 2.000 informes de casos de SMPP en publicacións profesionais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Trastorno Ficticio por poderes", artigo de Fernando Sell Salazar (en castelán) (consultado o 24 de febreiro de 2010).
  2. "A case of Munchausen syndrome by proxy with subsequent suicide of the mother", artigo de B. Vennemann, M. Perdekamp, W. Weinmann, M. Faller-Marquardt, S. Pollak e M. Brandisen en Forensic Science International, Volume 158, Tomo 2, Páxinas 195-199. 10 de maio de 2006 (en inglés) (consultado o 24 de febreiro de 2010).
  3. Motz, A.: The Psychology of Female Violence: Crimes Against the Body (Routledge, 2001 ISBN 978-0-415-12675-5)