Síndrome Kleine-Levin
A síndrome de Kleine-Levin consiste nunha hipersomnia recorrente asociada a trastornos alimentarios (hiperfaxia), sexuais (desinhibición sexual) e psíquicos.
Características [editar]
A característica fundamental desta síndrome é que cursa en brotes e a súas formas incompletas son as máis frecuentes. Aparece en adolescentes de sexo masculino e a súa etioloxía é descoñecida. As hipóteses fisiopatolóxicas inclúen unha disfunción hipotalámica e anomalías no metabolismo da dopamina e a serotonina. Os síntomas clínicos recurrentes, unidos á idade de comenzo e á existenza de factores infecciosos no seu inicio suxiren unha etioloxía autoinmune. Describiuse unha variante no sexo femenino, que consiste nunha hipersomnia periódica asociada coa menstruación. Nos períodos asintomáticos, a vixilia e o comportamento dos pacientes son completamente normais. O diagnóstico é esencialmente clínico e os exames complementarios realízanse para descartar unha hipersomnia recurrente de causa orgánica (tumores do terceiro ventrículo, traumatismos craneoencefálicos, ictus) ou psíquica (neurose, depresión).