Síkinos - Σίκινος
| Síkinos - Σίκινος | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Síkinos |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Cícladas |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2001) | 238 hab. |
| Superficie | 42´507 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 36°41′N 25°07′E / 36.683°N 25.117°E |
| Maior Altura | 552 m. Monte Troulos |
| Localización | |
Síkinos (grego: Σίκινος) é unha illa grega e unha comunidade (Κοινότητα Σικίνου) das Cícladas. Atópase a medio camiño entre as illas de Ios e Folegandros. Foi coñecida como Oinoe (Illa do Viño) na Antiga Grecia. Contrasta coas illas próximas, como Ios, ao ser tranquila e relativamente menos desenvolvida. Hai dous pobos, un é un porto, e o outro está máis arriba nos outeiros. Hai un puñado de tabernas no porto. A praia do porto é unha das dúas grandes praias de area da illa. Quedan na illa varias antigas ruínas. Só hai 2 camiños pavimentados, aínda que un terceiro está sendo construído para conectar o nacente heliporto e un novo resort na outra praia, hai varios camiños de terra en bo estado . Gran parte da illa é de moi difícil acceso debido ao terreo. Case toda a illa está cuberta por terrazas que se utilizaban para a agricultura extensiva. Agora só un puñado utilízanse en toda a illa, a maioría funcionando cos subsidios gobernamentais. A comunidade tiña unha poboación no censo de 2001 de 238 habitantes. Inclúe a illa deshabitada de Kardiotissa e outros illotes deshabitados. A súa superficie total é de 42´507 km ².
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial ((en))