Sæhrimnir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na mitoloxía nórdica, Sæhrimnir era o xabarín cósmico que era matado e devorado todas as noites polos Æsir e os einherjar. O cociñeiro dos deuses, Andhrímnir, era responsable de darlle morta e de preparalo no caldeiro máxico Eldhrimnir. Despois de que Sæhrimnir era comido, era revivido para prover a comida do día seguinte.