São Vicente, San Paulo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "São Vicente, Brasil")
Município da Estância Balneária de São Vicente
Bandeira de Sao Vicente(Sao Paulo).jpg Brasao de Sao Vicente(Sao Paulo).gif
Estado San Paulo
Superficie 148,4 km²
Poboación
Densidade
329 370 (2006)
2.219,1/km²
Latitude 23° 57' 35" S
Lonxitude 46° 23' 15" W
Altitude 5 m
Distancia de cidade de Sao Paulo 73 km
Código postal (CEP) 11300-000
Administración local Prefeitura Municipal de São Vicente - Rua José Bonifácio, 404
Internet http://www.saovicente.sp.gov.br
Alcalde (Prefeito) Tércio Garcia
Mapa da cidade en São Paulo
SaoPaulo Municip SaoVicente.svg


São Vicente é unha cidade litoránea do estado de Sao Paulo, sitúada a 73 km de súa capital e veciña da cidade portuaria de Santos. Foi a primeira cidade fundada polos portugueses no Brasil, o que foi feito por Martim Afonso de Souza en 22 de xaneiro de 1532. A primeira cámara municipal das Américas foi establecida na cidade en 22 de agosto daquele mesmo ano.

A cidade ocupa a porción oeste da Illa de São Vicente, a cal divide coa cidade de Santos. A súa principal actividade económica hoxe é o turismo en súas praias e nalgúns monumentos historicos. O comercio e os servizos da cidade son utilizados máis polos seus propios moradores ou por turistas. Únese coa cidade de Santos por varias rúas (Santos e Sao Vicente son, fisicamente, unha única aglomeración urbana), coa de São Paulo polas estradas Via Anchieta e Rodovia dos Imigrantes, e con outras cidades do litoral de Sao Paulo pola estrada SP-55 (Rodovia Padre Manoel da Nóbrega, e Rodovia Piaçagüera-Guarujá).

Fonte Biquinha de Anchieta, que existe dende 1553 e foi a primeira fonte pública de auga da cidade.