Río Amur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O río Amur desde a orela occidental da cidade de Heihe.
País China
Rusia Rusia
Nacementofonte do río Argun
Lonxitude4.444 km
Conca1.850.000 km²
DesembocaduraEstreito da Tartaria
(Mar de Okhotsk)
O río Amur, fai o linde natural entre Rusia e a China

O Amur (Амур en ruso ; 黑龙江 ("río do dragón negro") en chinés, pronunciado Heilongjiang), ou Sahalyan ula en manchú "río negro", é un río de Asia cuxa conca hidrográfica se estende por partes de Mongolia, Rusia e China ao longo de 4.444 km, a contar desde a fonte do río Argun, lonxitude que o converte no primeiro de Siberia — aínda que é máis curto que o sistema formado polo Obi e máis o seu afluente o Irtich — e o cuarto de Asia pola lonxitude do seu percurso; considérase que é o oitavo da Terra.

Dende o punto de vista administrativo, percorre o óblast de Amur, o óblast Autónomo Hebreo, o krai de Khabarovsk, en Rusia, e a provincia chinesa de Heilongjiang, drenando unha conca de 1 885 000 km², que é a 12ª máis extensa do planeta.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O río está formado pola unión do Chilka e do Argun. Na actualidade conforma a fronteira natural entre Rusia e a China, sobre preto de 1.600 km, antes de recibir o río Songhua Jiang e o Ussuri, e entrar definitivamente en Rusia, onde desemboca no estreito da Tartaria, no mar de Okhotsk (ao norte do océano Pacífico), fronte da illa de Sakhalin.

Economía[editar | editar a fonte]

No seu curso inferior, logo da confluencia do Chilka e o Argun, é navegábel en territorio ruso completamente, mais por causa dos xeos está pechado para a navegación durante uns seis meses.

O equipamento hidroeléctrico, que consta de 14 encoros de máis de 15 m de alto, permite a industrialización da rexión.

Hidroloxía[editar | editar a fonte]

O Amur ten os máximos de caudal no verán, entre fins de xullo e comezos de agosto, por efecto do monzón, mentres a estiaxe é invernal. Na desembocadura o caudal medio é de 11.000 m³ por segundo e a súa conca ocupa 1.850.000 km².

Cidades[editar | editar a fonte]

Ás beiras do Amur fican as seguintes cidades:

China[editar | editar a fonte]

Rusia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]