Ryukyu kobujutsu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kobudo (en xaponés: 古武道, kobudō), Ryukyu kobujutsu (en xaponés: 琉球古武術, Ryūkyū kobujutsu, vellas artes marciais de Ryukyu), ou kobudo de Okinawa (沖縄の古武道, Okinawa no kobudō), é o nome polo cal os varios sistemas de combate, que se desenvolveron en Okinawa, son coñecidos. Orixinalmente, as escolas de artes marciais de Okinawa abranguían o adestramento de técnicas de combate sen armas, técnicas chamadas de toshujutsu (徒手術, arte das man baleiras), e con armas, as cales eran chamadas xenericamente de emonojutsu (得物術, arte das armas).[1][2]

Grosso modo, a expresión quérese referir só ás artes de guerra practicadas e orixinarias de Okinawa, exactamente como o vocábulo kobudo designa as vellas escolas marciais xaponesas. A única diferenza entre os termos é a adición do xentilicio, para localizar xeograficamente a orixe. No entanto, o uso máis común para o termo é a designar as vellas modalidades de loita co emprego de armas que se desenvolveron na rexión.[3][1]

A lenda di que a orixe das técnicas de combate con armas de Okinawa sería a necesidade da poboación defenderse cando foi prohibida de portar as armas tradicionais, espadas, lanzas, alabardas etc. Así, a poboación comezaría a adaptar os obxectos de seu cotián para o uso como armamento. Se, por un lado, esta versión explica os tipos de armas empregadas, por outro, non consegue sustento en rexistros históricos. De facto, aconteceu de ser prohibido o porte de armas no arquipélago que era o Reino de Léquias, pero a hipótese con maior sustento é aquel que atribúe o xurdimento destas técnicas á caste do guerreiros locais, os peichin.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Green, Thomas (en inglés). Martial Arts Of The World, An Encyclopedia. 1. Santa Barbara, California: ABC-Clio. p. 286.
  2. "Storia del kobudo di Okinawa" (en italiano). Associazione Italiana Kobudo di Okinawa. http://www.kobudo.it/. Consultado o 12 de marzo de 2014.
  3. "Brief introduction about History of Ryukyu Kobujutsu and our Society" (en inglés). http://www.ryukyukobujutsuhozonshinkokai.org/011_en_history.html. Consultado o 20 de novembro de 2014.
  4. "KOBUDO, DE OKINAWA A JAPÃO" (en portugués). http://www.karatenerd.com.br/2013/04/kobudo-de-okinawa-japao.html. Consultado o 20 de novembro de 2014.
  5. "Okinawa Kobudo. La génesis de un arte marcial" (en castelán). 9 de outubro de 2012. http://www.dentoshitoryu.es/okinawa-kobudo-la-genesis-de-un-arte-marcial/. Consultado o 20 de novembro de 2014.