Rykodisc Records
| Rykodisc | |
|---|---|
| Compañía nai | Warner Music Group |
| Fundado en | 1983 |
| Fundador | Arthur Mann, Rob Simonds, Doug Lexa e Don Rose |
| Estado | |
| Distribuidoras | Alternative Distribution Alliance (nos EEUU) WEA International Inc. (fóra dos EEUU) |
| Xénero(s) | pop, rock |
| País de orixe | Estados Unidos |
| Localización | |
| Web oficial | http://rykodisc.com/ |
Rykodisc Records é un selo discográfico estadounidense. Pertence ao Warner Music Group, opera como parte do Independent Label Group de WMG, e está distribuído pola Alternative Distribution Alliance.
Historia [editar]
Pretendendo ser o primeiro selo só de CDs independente dos Estados Unidos, Rykodisc foi fundada en 1983 en Salem, Massachusetts por Arthur Mann, Rob Simonds, Doug Lexa e Don Rose. A finais dos anos 80 o selo tamén comezou a publicar versións en casete e vinilo de gran calidade de moitas edicións baixo o nome Ryko Analogue.
Rykodisc tivo algúns éxitos notables na industria das re-edicións en CD, con artistas como Elvis Costello, David Bowie, Yoko Ono, Frank Zappa, Nick Drake, Nine Inch Nails, Sugar, Robert Wyatt e Mission of Burma permitindo ao selo publicar os seus catálogos en CD. Rykodisc aínda mantén os dereitos do catálogo de Zappa. A etiqueta tamén re-editou as gravación de Meat Puppets na súa época con SST Records.
Co paso dos anos o selo adquiríu Hannibal Records, Tradition Records, Gramavision Records, Emperor Norton Records, Restless Records e, máis recentemente, Cordless Recordings. Rykodisc tamén fundou unha compañía de distribución, Ryko Distribution, e unha editorial de música, Rykomusic. O seu catálogo na atualidade ten máis de 1.200 títulos.
En 1998 Chris Blackwell deixou Island Records e mercou Rykodisc por 35 millóns de dólares, como unha forma de conseguir experiencia no márketing e distribución de música para a súa nova empresa, unha compañía chamada Palm Pictures. En 1999, un ano despois da compra de Blackwell, a oficina de Salem estaba pechada, e moitos dos veteranos da empresa foran despedidos. No ano 2001 Blackwell deixou Rykodisc e o selo entón trasladouse a Nova York, con oficinas en Los Angeles e en Beverly, Massachusetts.
Rykodisc distingue os seus CDs coas súas características caixas de plástico transparente verde, que a compañía leva usando dense 1988 O selo comezou a limitar o uso das caixas verdes nas novas edicións en 2002.
O 23 de marzo do 2006 anunciouse que Warner Music Group adquirira a Ryko Corporation 67,5 millóns de dólares. Cando Warner mercou Ryko, adquiríu as cintas mestras que o selo tiña de Frank Zappa, dándolle dereitos a Warner a calquera tipo de re-edición; algo irónico debido ao odio que tiña Zappa contra Warner, de quen se separou con acritude en 1979.Tamén no ano 2006, a editora independente EverGreen Copyrights mercou o catálogo de Rykomusic.
No ano 2009 Ryko Distribution pasou a formar parte de Alternative Distribution Alliance. Na actuañlidade, ADA actua de distribidora para todos os lanzamentos de Rykodisc nos Estados Unidos.