Rutilo
| Rutilo | |
|---|---|
| Agullas de rutilo | |
| Fórmula química: | TiO2 |
| Clase: | Óxidos |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Tetragonal |
| Cor: | Parda, amarela, vermella e negra |
| Brillo: | De adamantino a metálico |
| Dureza: | 6 |
| Fractura: | Concoidea |
| Exfoliación: | Perfecta |
| Raia: | Parda tirando a amarela |
| Densidade: | 4,2-4,3 g/cm3 |
O rutilo ou rútilo (do latín rutilus, que significa vermello) é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é TiO2 (contén o 60% de titanio e o 40% de osíxeno).
Índice |
Aspecto [editar]
O rutilo preséntase en forma de cristais prismáticos case sempre extremadamente finos (en forma de agullas) e moitas das veces creando entre eles estruturas en forma de mallas. A súa cor pode ser parda, amarela, vermella ou negra.
Lugares onde se atopa [editar]
Atopámolo en rochas sedimentarias e metamórficas, en pegmatitas e rochas alpinas. Asóciase frecuentemente co cuarzo e coa hematita.
Os principais produtores deste mineral son Rusia, a India e algúns países de Sudamérica. A Antártida contén tamén xacementos de rutilo.
Merecen mención especial os rutilos de Carballo (A Coruña) e Lalín (Pontevedra).
Usos do rutilo [editar]
O rutilo utilízase para a extracción de titanio, usado para a fabricación de revestimentos de varas de soldadura e como metal especial na industria aeronáutica.
Propiedades [editar]
Propiedades físicas [editar]
O seu punto de fusión é de 2378,2 K. O seu sistema cristalino é o tetragonal pero lixeiramente distorsionado.
Propiedades químicas [editar]
O rutilo presenta gran resistencia ó ataque de axentes químicos. Só o ácido fluorhídrico e o ácido sulfúrico concentrado logran atacar este mineral.
Outros óxidos [editar]
A casiterita e a magnetita son outros óxidos importantes.