Ruth Rocha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRuth Rocha
Nome orixinalRuth Machado Lousada Rocha
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1931
São Paulo
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasileira
Formación profesionalLicenciada en socioloxía política
EducaciónUniversidade de São Paulo
Pontifícia Universidade Católica de São Paulo
Actividade
OcupaciónEscritora e tradutora
Período de actividade1967 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoLiteratura infantil e xuvenil
LinguaPortugués
Familia
PaisÁlvaro de Faria Machado  e Esther de Sampaio Machado
Premios
Véxase o texto


Ruth Machado Lousada Rocha, nada en São Paulo o 2 de marzo de 1931, é unha escritora e tradutora brasileira de libros infantis.[1]

Xunto con Lygia Bojunga Nunes, Ana Maria Machado e Eva Furnari, é unha das principais expoñentes da nova onda da literatura infantil brasileira.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en socioloxía política en 1953 na Universidade de São Paulo (USP). Posteriormente fixo un posgrao en orientación educativa na Pontifícia Universidade Católica de São Paulo (PUC/SP).[1]

Entre 1956 e 1972 traballou como orientadora educativa no Colégio Rio Branco. En 1968 inicia a súa colaboración na sección de educación da revista Claudia, do grupo Abril, e no ano seguinte comezou a actuar como colaboradora doutra revista do grupo, a Recreio. Nese momento comeza a súa produción de historias e libros para nenos. Asume, en 1973, a dirección editorial da Divisisón Infanto-Xuvenil da Editora Abril.[1]

En 1974 especializouse na actividade editora na Western Publishing Co., nos Estados Unidos. En 1976 deu á luz Palavras, Muitas Palavras, libro de poesía infantil, o primeiro dos máis de 130 títulos que publicou. Ne mesmo ano lanza o seu libro máis coñecido, Marcelo, Marmelo, Martelo. En 1989 asina a versión infantil da Declaración Universal dos Dereitos Humanos na Organización das Nacións Unidas (ONU), titulada Iguais e Livres. En 1991 foi convidada, tamén pola ONU, a asinar a declaración sobre ecoloxía para nenos, Azul e Lindo - Planeta Terra, Nossa Casa.[1]

É membro da Academia Paulista de Letras desde o 25 de outubro de 2007, ocupando a cadeira 38.[3]

A súa obra está traducida a máis de 25 idiomas,[1] entre elas o galego, co conto Borba, o gato, traducido por Carlos Pedreira López e editada polo Grupo SM.

Actualmente é membro do Consello da Fundación Padre Anchieta.[1]

Principais obras infantís[editar | editar a fonte]

  • Marcelo, Marmelo, Martelo
  • O Reizinho Mandão
  • SapoViraReiViraSapo, ou a volta do Reizinho Mandão
  • Catapimba
  • Meus Lápis de Cor São Só Meus
  • Meu Irmãozinho Me Atrapalha
  • A Menina que Não Era Maluquinha
  • O Menino que Quase Virou Cachorro
  • Borba, o Gato
  • Escolinha do Mar
  • Faz Muito Tempo
  • O Que os Olhos Não Vêem
  • Procurando Firme
  • Gabriela e a Titia
  • Pra Vencer Certas Pessoas
  • Historinhas Malcriadas
  • A Arca de Noé
  • As Coisas que a Gente Fala
  • Bom Dia, Todas as Cores!
  • Como se Fosse Dinheiro
  • Davi Ataca Outra Vez
  • Este Admirável Mundo Louco
  • Faca Sem Ponta Galinha Sem Pé
  • Romeu e Julieta

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

  • En 1990 ganou o Premio Jabuti de Literatura Infantil.
  • En 1998 foi condecorada polo presidente Fernando Henrique Cardoso coa Encomenda da Orde do Mérito Cultural.
  • En 2001 recibiu o Premio ABL de Literatura Infantoxuvenil.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Ruth Machado Lousada Rocha Enciclopédia Itaú Cultural. Consultada o 1 de outubro de 2018.
  2. "Ruth Rocha". Enciclopédia Escolar Britannica (en portugués). Britannica Escola Online. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2018. 
  3. "Ruth Rocha é imortal da Academia Paulista". Estadão de Hoje (en portugués). 26 de outubro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2012. Consultado o 1 de outubro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]