Ruda de montaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ruta montana»)

A ruda de montaña (Ruta montana) é unha planta fanerógama da familia Rutaceae. Aparece en Galiza espontánea.

Descrición[editar | editar a fonte]

Planta fortemente recendente, algo azulada, sen pelos, algo leñosa por baixo, de 25–70 cm, con follas divididas profundamente dúas ou tres veces, formando segmentos alongados e moi finos. As flores son primaverais, amarelas, pouco abertas, de menos de 1 cm, agrupadas densamente no extremo das pólas, con 4 pétalos de bordo un chisco ondulado na súa punta. É unha planta velenosa, abortiva, medicinal reputada, aínda que non tanto como algunha outra especie do seu mesmo xénero. O seu recendo, que desagrada a moitas persoas, fica nas mans incluso despois das lavar.[1] Cápsulas de 1,5-3mm, con pedicelo curto e 4-5 lóbulos moi marcados. Florea e frutifica da primavera ao verán.[2]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Poboacións espalladas dende Galiza, Portugal e noroeste de África deica Turquía.[3] Medra en matogueiras, pedregueiras e lareiros asollados.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Ruta chalepensis foi descrita por Carl von Linné e publicado en Amoend. Acad. 3: 52 (1756)[4]

Citoloxía

Número de cromosomas da Ruta montana (Fam. Rutaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=36.[5] e 2n=40.[6]

Sinonimia
  • Ruta graveolens var. montana L.[7]
  • Ruta sylvestris Mill.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García Muñoz, B. (2004). Plantas de Ávila, mi ciudad. Ávila:Obra Social Caja de Ávila. ISBN 84-96264-09-2. 
  2. Santa-Bárbara Carrascosa, C.; Valdés Castrillón B. (2008). Guía de la Flora y Vegetación del Andévalo. Sevilla:Consejería de Medio Ambiente de la Junta de Andalucía. ISBN 978-84-96776-85-2. 
  3. Blamey, Marjorie; Grey-Wilson Christopher (2008). Flores silvestres del Mediterráneo. Barcelona:Omega. ISBN 978-84-282-1450-6. 
  4. Ruda de montaña en Trópicos
  5. Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955)
  6. New chromosome numbers in Rutaceae. Santos Guerra, M. (1984) Pl. Syst. Evol. 146: 13-30
  7. Ruda de montaña en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]