Ruslana Lyzhychko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ruslana")
Ruslana

Ruslana Lyzhichko, nada en Lviv o 24 de maio de 1973, é unha cantante, compositora produtora e bailarina ucraína, gañadora do Festival de Eurovisión 2004. Escribe, compón e produce as súas propias cancións e videoclips. Ademais é pianista, directora de Orquestra Sinfónica, Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF e membro do parlamento ucraíno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu primeiro éxito en Ucraína foi en 1998 coa canción "Sunrise" e o álbum A Moment of Spring. En 1999 traballou no musical do Nadal The Final Christmas of the 1990s, que gañou o premio á película do ano de Ucraína. O seu álbum Dyki Tantsi (ou Wild dances na súa versión inglesa), que foi lanzado en 2003, foi disco de platino en Ucraína, vendendo máis de 100.000 copias.

Gañou o Festival de Eurovisión 2004 interpretando "Wild dances". A súa actuación reportoulle 280 puntos.

Discografía[editar | editar a fonte]

Singles[editar | editar a fonte]

  • Ty
  • Balada pro princessu
  • Svitanok
  • Ostannya Poema
  • Kolyskova
  • Myt' Vesny
  • Prochannya z Disko
  • Znaju Ja
  • Oy, Zaghray My, Muzychenku
  • Kolomyjka
  • Wild Dances (2004)
  • Dance with the Wolves (2004)
  • The Same Star (2005)
  • Dika Enerihya/Wild Energy (2006)
  • Moon Of Dreams (2008)

Álbums[editar | editar a fonte]

  • Myt' Vesny - Dzvinkyj Viter (Мить весни. Дзвінкий вітер) (1998)
  • Ostannye risdvo 90 (Останнє різдво 90-x) (1999)
  • Naykrashche (Найкраще) (2001)
  • Dobriy vechir, tobi ... (Добрий вечір, тобі ...) (2002)
  • Dyki Tantsi (Дикі Танці) (2003)
  • Diki Tantsi (Eurobonus) (2004)
  • Wild Dances (2004)
  • Wild Dances (New Year/Christmas Edition) (2005)
  • Club'in (2005)
  • Amazonka (2008)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ruslana Lyzhychko

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]