Rupelmonde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frontón da catedral, con epígrafe latino embaixo: "Gloriosamente venceu o dragón"

Rupelmonde é unha localidade belga, sita na provincia Flandres Oriental, nas beiras do río Escalda. Esta vila de 3.000 habitantes forma parte desde 1977 do concello de Kruibeke.

Características[editar | editar a fonte]

Xeografía e nome[editar | editar a fonte]

Rupelmonde érguese na beira esquerda do río Escalda, xusto en fronte da desembocadura do río Rupel. A súa situación explica o seu nome, pois monde equivale en flamengo a "desembocadura, foz", como o alemán Munde. "Foz do Rupel" é o significado do topónimo da vila.

Sitios de interese[editar | editar a fonte]

  • A catedral de Nosa Señora, que data de 1757 e posúe unha reprodución dun cadro de Jacob Jordaens.
  • A estatua de Mercator, sita na praza central da vila.
  • O vello moíño de auga, restaurado en 1997.
  • A "Schelleksfeesten", con desfile de xigantes, que ten lugar o primeiro domingo de agosto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]