Rumble Fish
Rumble Fish é un filme de 1983 do realizador Francis Ford Coppola. Participou no Festival de Cine de San Sebastián, onde obtivo a Concha de Oro ao mellor filme.
Índice |
Características[editar]
A película está baseada na novela homónima da autora adolescente Susan E. Hinton. Apenas uns meses antes sorprendera a Hinton o éxito de The Outsiders, tamén levada á gran pantalla por Coppola no mesmo ano de 1983.
Rumble Fish clasificouse “de arte e ensaio”.[Cómpre referencia] Tivo unha mala acollida nos Estados Unidos.[Cómpre referencia]
Argumento[editar]
A banda de Rusty James (Matt Dillon) vese envolvida nunha pelexa coa banda rival. No momento de maior violencia da lea aparece “The Motorcycle Boy” (Mickey Rourke), o irmán maior de Rusty James que se convertera en lenda marxinal, en realidade un decadente heroe aborrecido da vida ao que Rusty James quere desesperadamente imitarse. Tras o rescate do irmán vemos vagar as personaxes, sen aparente saída, por escenarios de drogadicción, abandono e delincuencia.
Significación[editar]
A aposta da crítica pola perdurabilidade de Rumble Fish apunta en varias direccións:[Cómpre referencia] o virtuosismo de certas escenas, o uso dramático do branco e negro e das incrustacións de imaxes en cor, a banda sonora (Stewart Copeland) e sobre todo as reflexións sociais ou filosóficas -sobre a familia, sobre a miseria, sobre o tempo, sobre os modelos heroicos...-, por veces tinxidas de ironía.
Rumble Fish supón un achado de actrices coma Diane Lane e sobre todo de novos actores –daquela érano Matt Dillon e Mickey Rourke e na lista figura, por exemplo, Nicolas Cage. Tense destacado tamén o papel dos secundarios, algún habitual das preferencias coppolianas (Dennis Hopper) e outros coma Tom Waits.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Páxina web oficial (en inglés)