Peter Paul Rubens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Rubens")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Peter Paul Rubens

autorretrato
Nacemento 28 de xuño de 1577
Lugar de nacemento Siegen Westfàlia (Alemaña)
Morte 30 de maio de 1640
Lugar de morte (Países Baixos)
Eido pintura, gravado, debuxo.
Movemento Barroco

Peter Paul Rubens, nado o 28 de xuño de 1577 e finado o 30 de maio de 1640, foi o máis popular e prolífico dos pintores flamengos e europeos do século XVII; as súas obras zumegan un estilo barroco exuberante que enfatiza o movemento, a cor e a sensualidade.

Traxectoria [editar]

A súa estadía en Italia entre 1600 e 1608 serviulle para coñecer a escultura antiga e a obra dalgúns dos máis importantes pintores do século XVI. A pintura de Rubens representa os ideais contrarreformistas e está ó servizo da política dos Habsburgo. As súas composicións caracterízanse pola súa complexidade, polo cromatismo cálido e vibrante, as potentes anatomías, o dinamismo e enerxía que chega mesmo ó violento. A partir de 1617 un obradoiro con numerosos empregados permítelle cumprir os encargos de amplas series. Os seus últimos anos, aproximadamente a partir de 1635, defínense pola súa técnica descontinua, pola unificación tonal e o debuxo diluído, á vez que pola súa sensibilidade pola vida do campo, a alegría vital dos espidos mitolóxicos e a emoción das súas obras relixiosas.

Danza de aldeáns, entre 1635 e 1640. No lenzo o ritmo faise frenético e as figuras fúndense coa paisaxe por medio da unificación cromática de todos os planos.

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: