Rubaiyat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rubaiyat é o título que o escritor británico Edward Fitzgerald deu á súa tradución ao inglés da colección de poemas atribuídos ao polifacético intelectual persa Omar Khayyam (1048 - 1131), e que posteriormente se asentou como título definitivo das mesmas. Deriva da palabra persa, idioma orixinal das composicións, ruba'i, que designa unha estrofa de dúas liñas. En efecto, as Rubaiyat de Omar Khayyam están compostas por pezas de dous versos con hemistiquio que en Europa se tomaron como cuartetas.

Temática[editar | editar a fonte]

Atendendo á análise de Xabier Correa Corredoira, as Rubaiyat son un repertorio de temática variadísima, da que se pode salientar o gozo do viño, o amor e o erotismo, a crítica ás institucións, en especial das relixiosas, o nihilismo, a reivindicación do librepensamento e do agnosticismo e mesmo do ateísmo, a morte e a sabedoría.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]