Ruatapu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ruatapu é na tradición oral de Aitutaki (Illas Cook), un dos antecesores fundadores da illa, e que deu orixe aos catro arikis locais: Vairuarangi Ariki, Tamatoa Ariki, Teurukura Ariki e Manarangi Ariki.

A súa migración veu precedida pola de Ru e a de Te Erui, existen varias versións da súa historia, ás veces contraditorias entre si pero que comparten unha serie de elementos comúns e unha coherencia global.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ruatapu era orixinario de Taputapuatea, fillo de Uanuku ou Uenuku e de Raka Iora ou Rakei Ora. Decidido a descubrir novas illas construíu unha piragua á que lle deu o nome de "Te kare roa i tai" e botouse ao mar, logo de nove días chegou a Rarotonga, alí o recibiu o ta'unga de Tangi'ia Potiki Taua, instalándose en Avana, tapere da tribo de Takitumu, casando con Uanuku Kaiatia coa que tivo un fillo de nome Tamaiva e vivindo en Matavera. Un día Ruatapu decidiu marchar na procura de novas terras, deixando á súa dona e fillo, chegou ata Tonga Tapu que tiña por xefe a Kaukura, alí casou de novo cunha certa Tapotu ki Tonga coa que tivo un fillo que recibiu o nome de Moenau, cando chegou á idade adulta enviouno a Rarotonga para que vivise co seu medio irmán Tamaiva, pero este négase a acollelo e Moenau instalouse no norte da illa, en Mauke. Ruatapu desexando ter novas de seus fillos volve a Rarotonga, alí sabe da morte de Moenau e para vingarse extermina os seus asasinos. Ruatapu parte deseguido cara a Atiu, e indo máis ao oeste descobre o atol de Manuae onde pasa catro días, chegando finalmente a Aitutaki, instalándose en Vaitupa ao noroeste da illa. Alí casou con Tutunoa coa que tivo tres fillos e unha filla: Kirikava (m), Te Urutupui (m), Tongirau (f) e Touketa (m).

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Timi Koro , "The story of the canoe Te Kare-roa-i-tai, which was sailed by Ruatapu Ariki" in JPS, 1934
  • Collectif, "Te Korero o Aitutaki na te Tumu Korero", Ministry of Cultural Development, 1992.
  • Maui Pomare, "The Explorations of Ruatapu", in "Legends of the Maori (Volume 2)", Papakura, New Zealand.
  • Howard Henry, "The Book of Tetaura-Raru, The Henry Family of the Cook Islands : Our Genealogy of 1000 years", Sovereign Pacific Publishing Company, Auckland, New Zealand.