Ruaille Buaille

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ruaille-Buaille
OrixePaís Vasco País Vasco
Período2005 - presente
Xénero(s)Folk
Selo(s) discográfico(s)Several Records
Membros
Aitor Gorostiza
Alberte Sanmartín
Duncan Bennett
Jon Hanni Iribar
Luís M. Aveleira
Mario Martín
Na rede
Páxina web

Ruaille-Buaille é un grupo musical vasco de música folk e tradicional, fundado no ano 2005.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ruaille-Buaille xorde pola unión de músicos de ampla traxectoria na música folk. O grupo terá desde os comezos unha fortísima influencia do folk irlandés e un marcado carácter acústico. Porén o grupo foi evolucionando e definindo o seu propio estilo musical, bebendo doutras fontes axenas á cultura irlandesa coma a galega, balcánico e por suposto vasca, introducindo tamén bases rítmicas, batería e baixo eléctrico. A evolución tamén se reflectiu nos membros, xa que nun comezo eran cinco os compoñentes e na actualidade son seis.

O grupo resultou gañador no Proxecto Runas 2013 do Festival Internacional do Mundo Celta.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • /´ru:lә `bu:lә/ (pronounced "rula-bula") (2009)
  • Blue Jig (2011)
  • 'Bon Temps, Ruaille? (2014)

Compoñentes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]