Roy Acuff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roy Acuff

Roy Claxton Acuff (Maynardville, Tennessee 1903 - 1992) foi un músico americano de country.

Roy comezou xogando de forma semiprofesional ao béisbol, pero en 1929 unha insolación impediu que xogara cos New York Yankees. En 1933 forma o grupo Tennessee Crackerjacks co que participa en programas de radio de Knoxville. En 1934 o grupo pasouse a denominar Crazy Tennesseans, co que en 1936 grava os seus primeiros temas, que axiña se converteron en éxitos, "Great Speckled Bird" e "Wabash Cannonball". En 1938 o grupo cambia de novo o seu nome para se denominar Smoky Mountain Boys cos que grava temas como "Night Train to Memphis", "Fire Ball Mail" ou "Wreck on the Highway".

Con Fred Rose funda a súa propia discográfica en 1942, Acuff-Rose Music Publishing Company, que se converteu na primeira discográfica de música country do mundo. En 1974 gravou o seu derradeiro sinxelo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]