Rothschild

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa dos Rothschild en Frankfurt, Alemaña

Os Rothschild son unha dinastía de financeiros e banqueiros internacionais de orixe xudeo-alemá. Foron declarados nobres polos gobernos de Austria e Inglaterra. A familia Rothschild é dende o século XIX unha das máis influentes liñaxes de banqueiros e financeiros de Europa. Así mesmo, están na mira das afirmacións que promulgan a existencia dun deseño oculto do mundo para instalar unha Nova Orde Mundial.