Rosenborg Ishockeyklubb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosenborg IHK
Rihklogo.png
Fundado en 1934
Sede Trondheim komm.png Trondheim,
Sør-Trøndelag våpen.svg Sør-Trøndelag
Flag of Norway.svg Noruega
Cancha Leangen Ishall
(3.311 espectadores)
Cores Negro e branco
           
Liga GET-ligaen
Adestrador Flag of Canada.svg Barry Martinelli
Director Flag of Norway.svg Jørund Gullikstad
Rosenborg Ishockeyklubb jersey.png
Sitio Web http://rihk.no/

O Rosenborg Ishockeyklubb ou Rosenborg IHK é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Trondheim, Noruega. Actualmente xoga na máxima categoría do hóckey sobre xeo noruegués, a GET-ligaen. Xoga os seus partidos como local no Leangen Ishall, un pavillón con capacidade para 3.311 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O Rosenborg IHK foi fundado en 1934 como sección de hóckey sobre xeo do Rosenborg BK. En 1991 mudou a súa denominación (Rosenborg BK Ishockey) para a actual (Rosenborg IHK). En marzo de 2010, o Rosenborg IHK ascendeu á GET-ligaen (máxima categoría do hóckey sobre xeo noruegués), onde compite dende aquela. O Rosenborg finalizou segundo na fase de grupos do play-off por detrás do Frisk Tigers para lograr este ascenso. Os Kongsvinger Knights e o Grüner foron 3º e 4º respectívamente no grupo, permanecendo na Primeira División para a seguinte tempada.

A causa do lockout de 2012 na NHL, Jack Skille dos Florida Panthers fichou polo RIHK. Skille non recibiu ningún salario do Rosenborg e foi o primeiro xogador da NHL en marchar a Noruega durante o lockout.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lillealtern, Randi (11 October 2012). "Jack Skille fra NHL til Rosenborg" (en Noruegués). Norwegian Broadcasting Corporation. Arquivado do orixinal o 11 October 2012. http://www.nrk.no/nyheter/distrikt/nrk_trondelag/1.8354385. Consultado o 9 de xuño de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]