Roseira brava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roseira brava
Debuxo da roseira brava (Rosa canina)
Debuxo da roseira brava (Rosa canina)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Superorde: Rosanae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Adans., 1763
Subfamilia: Rosoideae
(Juss.)Arn., 1832
Tribo: Roseae
Lam.&DC., 1806
Subtribo: Rosinae
J.Presl, 1846
Xénero: 'Rosa'
L., 1753.
Subxénero: Eurosa
Sección: Caninae DC.
Grupo específico: Caninae
Nome binomial
Rosa canina
L., Sp.Pl.1:491. 1753
Sub-táxones
(Véxase no texto) Ref.: [1]
Sinonimia
Véxase[1]

A roseira brava ou silva macho (Rosa canina) é un arbusto espiñento, rubideiro e perenne da familia das rosáceas, nativo de Europa, o noroeste de África e Asia occidental. Tamén foi introducido en América do Norte e outras partes do mundo. Actualmente a súa distribución é bastante ampla. En Galicia é unha especie brava moi común en lugares frescos.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico foille dado pola forma das espiñas, semellantes aos caninos dos cans. O froito, as bagas de roseira brava son tamén chamados peros de can pola mesma razón. O nome galego claramente é porque non deixa de ser unha roseira silvestre. Tamén, como rosácea e coa semellanza coa silveira, leva o nome de silva.

Outros nomes dialectais en galego: silva macha, silvo macho', gabanceira, agavanzo, agabanza, agarbanza, silva madre, silvarda, silvardo, silvarro.

Descrición[editar | editar a fonte]

Arbusto de até 2 m de altura, con talos pénsiles de cor verde, cubertos de espiñas miúdas, fortes e curvas. As follas compóñense de 5 a 7 folíolos dentados ovais.

As flores, solitarias ou agrupadas en corimbos, son de cor rosa pálido ou abrancanzadas, de 4 a 6 cm de diámetro, con cinco pétalos, e maduran nunha froita ovoide de cor rubia intensa cun tamaño entre 1,5 e 2 cm chamada pero de can. En realidade é un falso froito carnoso no que o receptáculo da flor ou tálamo ten forma cóncava (con forma de copa), está inchado e contén no seu interior numerosos aquenios, que serían os froitos verdadeiros. O froito salienta polo alto contido en vitamina C (malia conter tamén carotenoides e Vitamina P) e por ser usado para facer marmeladas, confeituras e infusións. A roseira brava florece de maio a xullo e produce froitos a finais do verán ou a comezos do outono.

Distribución[editar | editar a fonte]

É unha planta nativa de Europa, as Illas Canarias, Madeira, o noroeste de África (Alxeria, Marrocos e Tunisia), o oeste de Asia (Afganistán, Irán, Iraq, Líbano, Palestina, Siria, Armenia, Acerbaixán, Xeorxia, o sur de Rusia e Taxiquistán) e o subcontinente indio. Porén, áchase naturalizada practicamente en todo o mundo, incluíndo América, Australia (sobre todo en Tasmania) e Nova Zelandia.

Na península ibérica, agás na beiramar das Canarias e nalgunhas zonas puntuais da costa andaluza e murciana con clima tropical, atópase en calquera parte, desde o nivel do mar deica os 1.500 m de altitude. En Galicia é moi común en todo o territorio pola fertilidade do solo e a abundante precipitación.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Considérase unha especie de clima atlántico e mediterráneo (zonas temperadas).

Non ten preferencia por solos específicos; incluso prefire zonas montañosas ou semi-montañosas, como o sotobosque arbustivo de especies caducifolias, mais tamén pode medrar noutros bosques, sebes, beiras dos camiños, etc., e até en áreas costeiras, pois atura ben a salinidade. Agradece os solos con boa drenaxe e húmidos, algo fértiles e cun pH neutro (6,1-7,8).

As necesidades de auga fican arredor dos 675-900 mm ao ano. Pode soportar temperaturas moi baixas, até de -23 °C (zona de rusticidade: 7 a 10).

Etnoloxía[editar | editar a fonte]

A roseira brava empregouse en Galiza coma planta medicinal. Ademais soía ser unha das herbas máxicas de San Xoán.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Flores de roseira brava.
Flor de silvo macho.
  • Subespecies de Rosa canina
  • Rosa canina forma:
Rosa canina f. andegavensis (Bastard) Rapin
Rosa canina f. brachypoda (Déségl. & Ripart) Vukic.
Rosa canina f. calophylla H.Christ ex J.B.Keller
Rosa canina f. capitata Braeucker
Rosa canina f. dumalis (Bechst.) H.Christ
Rosa canina f. euoxyphylla Borbás
Rosa canina f. firmula Godet
Rosa canina f. fissidens Borbás
Rosa canina f. glaberrima H.Christ
Rosa canina f. glaucescens Lej.
Rosa canina f. grandiflora Braeucker
Rosa canina f. hispidissima H.Christ
Rosa canina f. kirghisorum Tkatsch.
Rosa canina f. lasiostylis Borbás
Rosa canina f. laxiphylla Borbás
Rosa canina f. lentiscifolia H.Christ
Rosa canina f. lucorum (Heinr.Braun) Vukic.
Rosa canina f. mucronulata (Déségl.) Heinr.Braun
Rosa canina f. pulchella Vuk.
Rosa canina f. purpurea Braeucker
Rosa canina f. semibiserrata Borbás
Rosa canina f. sphaerophylla Vuk.
Rosa canina f. squarrosa (A.Rau) Borbás
Rosa canina f. suffulta H.Christ
Rosa canina f. syntrichostyla (Ripart ex Déségl.) R.Keller
Rosa canina nothosubsp. andegavensis (Bastard) Nyman
Rosa canina nothosubsp. corymbifera (Borkh.) C.Vicioso
Rosa canina nothosubsp. dumalis (Bechst.) Nyman
Rosa canina nothovar. concinnoides (Wolley-Dod) P.V.Heath
Rosa canina nothovar. permiscibilis (Schmidely) P.V.Heath
Rosa canina nothovar. rufescens (Wolley-Dod) P.V.Heath
Rosa canina nothovar. surreyana (Wolley-Dod) P.V.Heath
Rosa canina staxon andegavensis (Bastard) Crép.
Rosa canina staxon burboniana Redouté & Thory
Rosa canina staxon collina (Jacq.) Fr.
Rosa canina staxon collina (Jacq.) J.Lloyd
Rosa canina staxon cymosa Wahlenb.
Rosa canina staxon dumalis Crép.
Rosa canina staxon dumetorum (Thuill.) Crép.
Rosa canina staxon emarginata hort. ex Andrews
Rosa canina staxon fusiformis Crép.
Rosa canina staxon genuina Crép.
Rosa canina staxon glauciformis Almq.
Rosa canina staxon globularis Crép.
Rosa canina staxon oreogeton Heinr.Braun & Halácsy
Rosa canina staxon rubiginosa Griess.
Rosa canina staxon rubra hort. ex Andrews
Rosa canina staxon sarmentosa Godet
Rosa canina staxon semiduplex hort. ex Andrews
Rosa canina staxon separabilis (Déségl.) Heinr.Braun
Rosa canina staxon sepium W.D.J.Koch
Rosa canina staxon sphaerica (Gren.) Crép.
Rosa canina staxon subobtusa J.B.Keller
Rosa canina staxon urbica (Léman) Crép.
Rosa canina staxon variegata hort. ex Andrews
Rosa canina staxon villosula (Gand.) J.B.Keller
Rosa canina staxon virens Wahlenb.


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roseira brava
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Roseira brava